Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

21/10/20 | 17:28 | C. de Economía e Industria

Conde defende que a venda da planta de aluminio primario de Alcoa en San Cibrao é a mellor saída para todas as partes

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, advirte de que, se a empresa mantén a súa decisión unilateral de parar as cubas, non se desbota ningunha medida administrativa ou xudicial para reverter a situación

21/10/20 | 16:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por fomentar a utilización de madeira local certificada en ámbitos como a construción ou o empaquetado

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na clausura dunha xornada formativa sobre certificación FSC e proxectos con madeira en Galicia

21/10/20 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Lugo os novos servizos de innovación para pemes incluídos no Programa Reacciona

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario para informar a microempresas e pemes, que poden solicitar asesoramento especializado no ámbito da innovación, ademais de noutros eidos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización ou a dixitalización

20/10/20 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a importancia da prevención de riscos laborais no ámbito forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nunha xornada organizada pola Asociación Forestal de Galicia (AFG) no local da comunidade de montes de Coruxo

20/10/20 | 12:15 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia formará as redeiras galegas en xestión comercial e marketing para apoiar a diversificación da súa actividade

A Fundación Artesanía de Galicia organiza un curso online que se celebrará do 26 de outubro ao 25 de novembro

20/10/20 | 10:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o labor da aceleradora galega da alimentación no reforzo da competitividade e a internacionalización do sector

O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación da terceira edición da Business Factory Food, promovida pola Xunta e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)

20/10/20 | 10:37 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción

Este encontro enmarcase dentro das reunións que o novo delegado está a manter con representantes das distintas asociacións da provincia.

20/10/20 | 10:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta amplía ata 1,6M€ as axudas do Bono Social Eléctrico que garanten a subministración nos fogares con máis dificultades

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación de crédito desta orde de axudas que sumará 300.000 euros máis este ano co obxectivo de chegar ao maior número de beneficiarios posible

19/10/20 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago reforzan a súa colaboración para impulsar o sector comercial e artesán

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación colabora co ente cameral con 120.000 euros para a posta en marcha de accións formativas coas que se prevé beneficiar a máis de 200 profesionais

19/10/20 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a consolidación e nivel de excelencia acadado pola oferta enoturística galega como reclamo turístico de calidade

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación das IX Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia que comezan esta fin de semana nas Rías Baixas e no Ribeiro