Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/10/20 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Feijóo destaca a unidade de acción entre administracións e traballadores de Alcoa e asevera que o peche desta fábrica sería un “disparate industrial” para España

Incide na necesidade de que o Goberno central cumpra cunha tarifa eléctrica que faga posible a produción de aluminio primario, mentres non se instalen enerxías renovables de autoconsumo para a propia factoría

23/10/20 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada aos beneficiarios das axudas de innovación información e ferramentas para conseguir unha xestión áxil e eficiente

A Axencia Galega de Innovación (Gain) celebrou unha xornada na que participaron os adxudicatarios das axudas resoltas en 2020 e prevese unha segunda xornada a finais de ano para as que se resolvan neste período

23/10/20 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que a colaboración do tecido socioeconómico amplifique a candidatura galega aos fondos europeos e consolide a aposta por unha Galicia máis dixital, verde e social

A xuntanza de hoxe estivo centrada na avaliación das iniciativas desta primeira listaxe que prestan unha especial atención á modernización do sector primario e que xiran en torno á Estratexia Rural 2030

23/10/20 | 09:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra a importancia da adopción de medidas de eficiencia enerxética de cara á chegada do horario de outono

O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico

22/10/20 | 20:02 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo apela á colaboración entre axentes sociais e económicos co tecido produtivo para avanzar cara á recuperación económica dunha Galicia construída entre todos

Explica que nestes momentos a prioridade da Xunta segue sendo a recuperación económica e social para acadar unha economía que funcione e xere emprego

22/10/20 | 15:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
22/10/20 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a mercar nas florarías locais de cara á campaña de Defuntos e a adiantar as compras para evitar aglomeracións

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe o establecemento El Jardín de Juan XXIII, onde sinalaron a importancia de conciliar a tradición coas necesarias medidas de prevención

22/10/20 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

Calquera persona ou entidade pode propoñer candidatos ao certame, que contempla catro categorías, ata o 24 de febreiro de 2021

22/10/20 | 11:24 | C. de Economía e Industria

Conde defende que os fondos da UE son unha oportunidade para dar o impulso definitivo á modernización da industria naval galega

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, demanda na apertura do congreso Maritime Trends Summit un compromiso claro e rotundo por parte do Goberno