Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

28/10/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración con Galicia presentando propostas coas que optar aos fondos europeos de reconstrución

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na presentación do balance da primeira fase da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, que terá continuidade durante os próximos tres anos cunha segunda etapa de consolidación

28/10/20 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o traballo do centro comercial aberto de Ordes para dinamizar o sector con iniciativas como a Noite Branca

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na presentación da campaña, que se desenvolve ata o sábado no comercio do municipio coruñés

28/10/20 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a nova ferramenta Trabe facilitará o traballo dos profesionais da industria forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá, na presentación deste proxecto, desenvolvido pola Xunta en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC)

28/10/20 | 10:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel imprescindible da biotecnoloxía galega como motor de competitividade na nova economía

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na presentación do encontro semipresencial ‘Biotecnoloxía. Do descoñecemento (social) á necesidade (colectiva)’

27/10/20 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta inclúe a Cidade das TIC na proposta presentada ao Goberno para optar aos fondos europeos de reconstrución

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión co reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, na que lle informou que de saír adiante esta solicitude a previsión sería mobilizar 55M€ no proxecto

26/10/20 | 14:02 | C. de Economía e Industria

A aceleradora aeronáutica BFAero bate récord de participación con 85 proxectos que optan a entrar na súa terceira edición

A iniciativa, que forma parte do polo aeroespacial de Galicia, practicamente duplica as cifras das dúas anteriores convocatorias con 27 ideas de Galicia, 52 doutras comunidades e seis de fóra de España

26/10/20 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a necesidade de seguir impulsando a dixitalización e a automatización dos procesos para afrontar os novos retos económicos

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nas I Xornadas dixitais sobre tecnoloxías e solucións para a automatización (Digital JAI’2020)

26/10/20 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2020 para recoñecer o talento e a traxectoria dos artesáns galegos

Como cada ano, os galardóns divídense en tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros; Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e Premio Bolsa Eloy Gesto; cunha contía de 4.000 euros para a formación dos novos talentos do sector

25/10/20 | 12:30 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que os centros tecnolóxicos reforzarán o seu papel na transformación de Galicia a través dos fondos Next Generation e a futura lei de reactivación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, mantivo esta semana unha xuntanza con representantes da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga)

24/10/20 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta aproba 7 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 3,4M€ para a fabricación de equipos de protección fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta semana no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas