Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/11/20 | 11:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os enxeñeiros industriais colaborarán para identificar novos proxectos para que Galicia teña a mellor candidatura posible aos fondos Next Generation

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co director de xestión do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Pablo Pérez

03/11/20 | 19:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial da madeira e da industria forestal para impulsar a bioeconomía e promover un desenvolvemento sustentable

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Ponteceso na xornada ‘Pondal e os pinos’

03/11/20 | 13:57 | C. de Economía e Industria

Conde defende a necesidade de traballar desde a unidade de acción para saír reforzados da pandemia e deseñar a Galicia de 2030

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, aposta na Comisión sobre a reactivación económica, social e cultural por traballar por unha Galicia máis verde e dixital

02/11/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a 69 comercios lucenses para que avancen na innovación e a dixitalización con axudas por 434.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que este programa impulsa 75 accións de modernización, especialmente para incrementar a presenza online dos establecementos locais

01/11/20 | 08:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a máis de 500 comercios galegos para que avancen na innovación e a dixitalización con axudas por preto de 4 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana os beneficiarios deste programa co que se mobilizarán máis de 6 M€ no comercio de proximidade e o sector artesán

31/10/20 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Unidade Mixta Airus de Everis e ITG presenta os avances logrados co apoio da xunta na xestión do tráfico aéreo de vehículos non tripulados

Posta en marcha en 2018 por everis Aeroespacial, Defensa y Seguridad e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), esta iniciativa ten un orzamento de preto de 2,2 millóns de euros e nela están a traballar 16 enxeñeiros

31/10/20 | 08:40 | C. de Economía e Industria

Galicia suma 136 Concellos Emprendedores tras a adhesión das Pontes, Ponteceso, Ponteareas e Ribadavia

As catro localidades incorpóranse a esta iniciativa que pretende estimular a actividade económica e empresarial e facilitar os trámites administrativos

30/10/20 | 13:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a participación de Galicia na fabricación da vacina contra a covid-19 constata a importancia de seguir apostando polo sector biotecnolóxico e o talento galego

Lembra que a Estratexia de Impulso á biotecnoloxía leva mobilizados 239 M€ en favor do sector, o que sitúa á Comunidade entre as dúas onde máis empresas neste eido se crearon nos últimos anos

29/10/20 | 16:25 | C. de Economía e Industria

Marta Fernández-Tapias visita as obras de mellora enerxética subvencionadas pola Xunta na nave de Frigoríficos de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo recordou que un total de 12 proxectos de investimentos en pemes de transformación de produtos do mar se beneficiaron de 1,4 millóns de euros para mellorar as súas instalacións na área viguesa

29/10/20 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a contribución do emprendemento galego ao avance industrial e a creación de emprego na automoción

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na xornada de avaliación dos 13 proxectos que optan a ser impulsados pola High Tech Auto