Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

09/11/20 | 10:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta distribúe 6,3 M€ entre os máis de 87.000 beneficiarios do Bono Social Térmico

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o enlace ás listaxes das persoas que teñen concedida esta axuda coa que se compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña

08/11/20 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberta ata o 9 de decembro a convocatoria dos primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño

06/11/20 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as vantaxes de dixitalizar a xestión forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe nun webinario en colaboración coa Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia)

06/11/20 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Aclunaga pactan unha axenda común para que o sector naval galego poida optar aos fondos europeos

Administración autonómica e sector van desenvolver un traballo conxunto para definir novos proxectos que a industria naval galega poida presentar ao Goberno central e solicitar así a súa participación nos fondos europeos de reconstrución Next Generation

05/11/20 | 19:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a industria 4.0 entre as pemes de Ferrolterra, Eume e Ortegal para reforzar o tecido produtivo do norte da Coruña

O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu hoxe á presentación en liña do programa Ecosistema 4.0, promovido en colaboración coa Confederación de Empresarios desas comarcas

05/11/20 | 16:23 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a creación dunha comisión interdepartamental para "potenciar e coordinar" a investigación e a innovación da Comunidade

Destaca que o organismo crearase para perfeccionar a coordinación dos distintos departamentos da Xunta á hora de planificar obxectivos, levar a cabo proxectos e executar os fondos nesta materia

05/11/20 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma na aceleradora Connect-19 a pemes na mellora das competencias comerciais de produtos e servizos innovadores

As actividades formativas, que rematan hoxe, forman parte do programa de aceleración da comercialización de solucións innovadoras para a covid-19

05/11/20 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 242.000 euros a 11 asociacións e federacións de comerciantes coruñesas para impulsar a competitividade do sector

O Goberno galego colaborará con catro centros comerciais abertos, coas prazas de abastos de As Conchiñas, Elviña, San Agustín e Eusebio da Garda e con tres federacións

04/11/20 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con máis de 500.000 euros a modernización e a dinamización do comercio de proximidade vigués

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron unha reunión de traballo cos centros comerciais abertos e as asociacións de praceiros da cidade

04/11/20 | 11:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por fomentar a utilización de madeira local certificada

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nunha xornada formativa sobre certificación FSC