Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/11/20 | 18:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera o seu apoio ao fortalecemento da presenza das empresas galegas nos Estados Unidos

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do X Foro Empresarial España-Estados Unidos, organizado pola Cámara de Comercio España-EEUU en Nova York en colaboración coa Cámara da Coruña

11/11/20 | 14:42 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle as probas finais de voo do Targus, o avión opcionalmente pilotado de Indra e Xunta

A aeronave está pensada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección medioambiental e do territorio e control de usos do solo

11/11/20 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta premia as mellores iniciativas para promover o consumo responsable nos centros educativos

No certame escolar Consumópolis, que nesta edición se centrou en como os actos de consumo poden cambiar o mundo, resultaron gañadores centros de Pontevedra, Vigo, Zas, Cospeito, Ferrol e Santiago

10/11/20 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Xunta e Deputación de Pontevedra aproban o orzamento do Consorcio Provincial por importe de 3,8 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión onde tamén tomaron posesión as dúas delegadas da Xunta en Vigo e Pontevedra, como vogais

10/11/20 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 935.000 euros á mellora das redes de distribución eléctrica do polígono empresarial de Aranga

Trátase dunha nova liña de axudas que contribúe a garantir a seguridade e calidade do servizo

10/11/20 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Conde garante que a economía social se impulsará en Galicia a través da futura Lei de reactivación

Asegura que falar de resiliencia e de crecemento sólido e sustentable implica apostar pola economía social e identificar novas oportunidades sectoriais para a consolidación en Galicia de empresas deste ámbito

09/11/20 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego pon en valor o papel económico e social do sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña, que a Xunta impulsa ata o 30 de novembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio

09/11/20 | 14:53 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta os proxectos de automoción incluídos na proposta de Galicia aos fondos europeos e que prevén a mobilización de 1.300 M€ e a creación de 900 novos empregos

Salienta que estas iniciativas se basean na innovación, na tecnoloxía, na dixitalización, na sostibilidade, na formación e no talento

09/11/20 | 13:23 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao delegado en Galicia da compañía eléctrica Naturgy

Na reunión abordaron diversos aspectos nos que o Goberno galego e a compañía eléctrica están implicadas e analizaron liñas de cooperación para garantir a subministración eléctrica a todos os ourensáns

09/11/20 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 69.000 euros á mellora da rede de hidrantes no polígono industrial de Bértoa

Esta axuda inclúese dentro da orde destinada á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da provincia da Coruña