Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

17/11/20 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo traballo conxunto a través da I+D+i para fortalecer a competitividade do tecido produtivo e mellorar o benestar social

Conde destaca que desde Galicia se busca dar un maior impulso á colaboración público-privada, fundamental para os proxectos que optan aos fondos europeos Next Generation

16/11/20 | 16:14 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias pon en valor a capacidade de reinvención das empresas viguesas con proxectos como o de Vigomask

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe a produción de máscaras liderada polas firmas viguesas Borda y Más e Lineaparami do Grupo Belty

15/11/20 | 10:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Consello Galego de Enxeñerías o potencial da futura Lei de reactivación económica para atraer proxectos cara a Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da entidade, que agrupa a oito colexios de enxeñeiros presentes na Comunidade

13/11/20 | 13:14 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que Galicia e Europa comparten o obxectivo de que a transición ecolóxica sexa un impulso á recuperación económica e social

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro coa directora de Política Enerxética da Comisión Europea, Cristina Lobillo

13/11/20 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o importante papel de Gradiant na dixitalización das pemes galegas

Dende o pasado luns, Gradiant acolle a Virtual Demoweek, na que presentaron a preto de 200 persoas os últimos avances tecnolóxicos do centro en ámbitos como a ciberseguridade, a conectividade 5G, os UAV, a Industria 4.0 e a Intelixencia Artificial

13/11/20 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a importancia de impulsar o uso de madeiras locais na rehabilitación e na nova construción para consolidar a cadea de valor

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou na inauguración das ‘VI xornadas de rehabilitación. Máis madeira’ organizadas polo Clúster da Madeira e o Deseño

13/11/20 | 10:33 | C. de Economía e Industria

Conde informa a AJE da nova liña de préstamos dirixida aos autónomos e empresarios con máis dificultades de liquidez

A medida, aprobada onte en Consello, conta cun orzamento de 10M€ e complementa o resto de programas de axudas ao financiamento do tecido empresarial postos en marcha desde o inicio da pandemia

12/11/20 | 18:11 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resalta o papel dos axentes do Diálogo Social no desenvolvemento de medidas cara á reactivación económica

Os titulares de Economía, Facenda e Emprego da Xunta reuníronse en Santiago de Compostela con interlocutores da patronal e dos sindicatos

12/11/20 | 10:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa as vendas das pemes galegas no exterior a través da internacionalización dixital

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración coa plataforma exportadigital.es