Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

10/12/20 | 17:55 | C. de Economía e Industria

O proxecto Galician Skyway impulsado por Boeing no Polo Aeroespacial de Galicia achega novas solucións na xestión e seguridade do tráfico aéreo en espazos compartidos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) cualifica o proxecto como “estratéxico e pioneiro” e sinala que contribuíu a posicionar a Comunidade como referente no ámbito dos vehículos non tripulados

10/12/20 | 16:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo talento e a innovación para impulsar a competitividade do sector comercial

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na Cámara de Comercio de Santiago na entrega dos premios Peme A Coruña 2020

10/12/20 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ferrol o labor do CIS para facilitar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía ás pemes e á industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala que o centro, que celebra o seu 25 aniversario, é tamén un referente en ámbitos como o deseño, novos materiais, vixilancia tecnolóxica ou no fomento de vocacións científicas

10/12/20 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o impulso de todas as administracións á innovación e á dixitalización para avanzar na recuperación económica

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na xornada dixital ‘Innovación e competitividade de empresas’, organizada polo Foro Empresa Pontevedra en colaboración co Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa

09/12/20 | 18:43 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias anuncia que a Xunta ten firmado o convenio para licitar a ampliación do Ifevi, pendente da expropiación dos terreos

A delegada territorial da Xunta en Vigo indica que as actuacións poderanse licitar de xeito inmediato unha vez que o Concello “poña a nosa disposición os terreos”

09/12/20 | 16:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o contract galego é un referente a nivel internacional grazas ao compromiso das súas empresas coa diversidade, a innovación e a busca de novos mercados

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu esta tarde na X Semana Internacional Contract Galicia

08/12/20 | 11:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 15 proxectos de investigación galegos para dar resposta á pandemia por covid-19

Cunha axuda total de preto de 3M€, apoiaranse nove iniciativas de fundacións sanitarias e seis de universidades galegas que investigarán a caracterización clínica e biolóxica da enfermidade, técnicas de diagnose virolóxica rápida, terapias innovadoras e a análise masiva de datos orientados ao control epidemiolóxico

07/12/20 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 155 plans de internacionalización dixital de pemes e microempresas galegas en máis de 90 países

As axudas achegadas a través das dúas convocatorias deste ano do Galicia Exporta Dixital mobilizarán 7M€

06/12/20 | 10:00 | C. de Economía e Industria

As lanzadeiras para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas arrancan na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo

No programa, promovido pola Xunta e as fundacións Santa María la Real e de Telefónica, participan persoas sen emprego de entre 18 e 60 anos con diferentes niveis de estudos con ou sen experiencia laboral previa