Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

30/12/20 | 10:31 | C. de Economía e Industria
29/12/20 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación por máis de 7 millóns de euros da nova ampliación de Ifevi en 5.000 metros cadrados

“Desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, di, subliñando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech

29/12/20 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza cos Premios Artesanía de Galicia un sector clave para a cultura e o desenvolvemento económico da Comunidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na entrega destes galardóns cos que se recoñece o talento e se busca potenciar a creatividade e a introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción

29/12/20 | 12:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 21 plans de internacionalización dixital de pemes e microempresas da comarca de Santiago con máis de 840.000€

As axudas achegadas a través das dúas convocatorias deste ano do Galicia Exporta Dixital mobilizarán nesta área un millón de euros

28/12/20 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o comité de empresa piden ao Goberno que convoque canto antes a mesa de Alu Ibérica para garantir o futuro industrial da planta da Coruña

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defende que cómpre realizar unha auditoría que confirme que se está cumprindo cos investimentos comprometidos en xullo de 2019 por parte de Alcoa e Parter

22/12/20 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e as industrias electrointensivas demandan ao Goberno que active medidas que xa se aplican noutros países europeos para rebaixar o prezo da enerxía eléctrica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con representantes do sector, no que sinalou que o novo estatuto achega máis obrigas que beneficios para as empresas

22/12/20 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a celebración en liña da feira de artesanía Ofeitoaman

A Fundación Artesanía de Galicia colabora de novo coa Asociación Galega de Artesáns, organizadora do evento, co obxectivo de apoiar a comercialización do produto artesán galego na época do Nadal

21/12/20 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a modernización da industria forestal para impulsar o desenvolvemento económico do rural en Lugo

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou hoxe en Xove a empresa Forestal Díaz Casariego, beneficiaria das axudas para a renovación tecnolóxica da primeira transformación

21/12/20 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con máis de 9M€ a dixitalización de máis de 1.300 autónomos e pemes do comercio galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañados polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destacaron a aposta pola transformación dixital do sector

21/12/20 | 12:42 | C. de Economía e Industria

Obradoiros de Cambre, Monterroso, Lugo e Santiago optan ao Premio Artesanía de Galicia 2020

O xurado dos premios Artesanía de Galicia nomea como finalistas nesta categoría a Laura Delgado Cerámica, Santiago Besteiro Design, Traxandaina e Jatafarta