Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/01/21 | 16:51 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias cifra en preto de 426.000 euros as axudas da Xunta a Federacións e Asociacións de comerciantes da área viguesa

A delegada territorial en Vigo aproveitou unha visita ao Mercado das Travesas para pór en valor as distintas liñas de axudas encamiñadas a seguir impulsando a modernización e a competitividade do comercio de proximidade vigués

11/01/21 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno central a necesidade de afrontar a transición ecolóxica desde a cogobernanza, a igualdade de oportunidades e con medidas de acompañamento á industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na Conferencia Sectorial de Enerxía

08/01/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para impulsar a competitividade dos parques empresariais e a creación de novos viveiros industriais

Prevese a mellora das infraestruturas de 28 polígonos e a implantación de catro viveiros grazas a un investimento de 3,1M€

07/01/21 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 6 M€ para impulsar plans de internacionalización dixital de pemes, autónomos e comercio

O Goberno galego activa nas vindeiras semanas unha nova convocatoria de Galicia Exporta Dixital, unha liña adaptada ás necesidades provocadas pola pandemia da covid-19 para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a mellora da competitividade no actual contexto económico

07/01/21 | 11:38 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Trasmiras

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

05/01/21 | 12:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta licita a nova ampliación de Ifevi que permitirá incrementar a súa competitividade e consolidar os seus eventos

As obras, ás que se destinan máis de sete millóns de euros, incrementarán en 5.000 metros cadrados a superficie das instalacións

04/01/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

Luisa Piñeiro anuncia que a Xunta concede 192.000€ en subvencións a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta para impulsar o sector

A delegada territorial de Pontevedra e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitan a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, que recibe unha axuda de 25.523€ para dinamización comercial, campañas de
fidelización e funcionamento

04/01/21 | 10:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 5 millóns de euros a posta en marcha de novas iniciativas empresariais a través do programa Galicia Emprende

Os apoios alcanzan o 80% do investimento subvencionable e poden chegar aos 400.000 euros por beneficiario

01/01/21 | 08:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina dous millóns de euros á contratación de xestores en empresas galegas para impulsar as vendas no exterior

O obxectivo é que pemes e organismos empresariais empreguen expertos en comercio exterior para a realización de proxectos de internacionalización

30/12/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 4 plans de internacionalización dixital de pemes e microempresas da comarca de Bergantiños-Costa da Morte con máis de 150.000€

As axudas achegadas a través das dúas convocatorias deste ano do Galicia Exporta Dixital mobilizarán nesta área máis de 188.000 euros