Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

27/01/21 | 19:19 | C. de Economía e Industria

Conde demanda do Goberno a mesma implicación que teñen os traballadores e a Xunta para defender o sector industrial da comarca de Ferrolterra

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegura no Pleno do Parlamento que o compromiso do Executivo galego cos traballadores de Navantia, Endesa ou Siemens é máximo, polo que apela ao traballo conxunto de todas as administracións

27/01/21 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias anuncia un investimento de preto de 173.000 euros en proxectos de mellora enerxética en Gondomar e Redondela

A delegada territorial en Vigo informou que as axudas permitirán substituír as actuais caldeiras de gasoil por biomasa no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar, no Conservatorio de Redondela e no Multiusos de Chapela

27/01/21 | 11:20 | C. de Economía e Industria

Galicia recupera o seu ritmo exportador cos bos resultados de sectores estratéxicos como a automoción e a alimentación

O director do Igape, Fernando Guldrís, informou da evolución do comercio exterior galego ata novembro de 2020, salientando a mellora na última parte do ano

26/01/21 | 16:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos comerciantes da Mariña as principais liñas de apoio para reforzar a competitividade deste sector estratéxico

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial, Javier Arias, mantiveron un encontro en Viveiro co presidente da Federación de Comercio da Mariña, José Carlos Paleo, quen lles achegou as propostas e inquedanzas do sector

25/01/21 | 19:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Goberno que avalíe polo miúdo o ERE presentado por Siemens para tratar de impedir a súa execución

Conde traslada aos 215 traballadores e traballadoras afectados todo o apoio da Xunta na defensa dos seus intereses

25/01/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Porto de Vigo colaboran para impulsar a reactivación económica e optar aos fondos europeos Next Generation

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña

25/01/21 | 12:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiará este ano 1.600 proxectos de enerxías renovables nos fogares galegos co obxectivo de conseguir aforros económicos de 900.000 euros anuais

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou está mañá, na sede do Inega en Santiago, as convocatorias de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo

24/01/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta confía en que os fondos europeos Next Generation permitan afianzar os grandes proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos

Lembra que o Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que conforman a candidatura galega para optar a estas axudas europeas co obxectivo de seguir avanzando sobre tres piares: o tecnolóxico, o mercado e o marco regulatorio

24/01/21 | 09:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina un millón de euros á posta en marcha de oito proxectos que achegan solucións tecnolóxicas feitas en Galicia

A través do programa Maquinaria 4.0, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación incentiva aos fabricantes galegos de bens de equipo a converterse en provedores de tecnoloxía a nivel autonómico, nacional e internacional

23/01/21 | 09:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa asociación eólica de Galicia e o clúster da madeira as oportunidades que achega a Lei de reactivación para estes sectores estratéxicos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca que a futura normativa contribúe a un cambio da cultura administrativa, favorecendo a tramitación de proxectos e achegando ao mesmo tempo as máximas garantías técnicas e ambientais