Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/01/21 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 251.000 € aos concellos de Noia, Porto do Son e Carnota para impulsar a eficiencia enerxética e as enerxías renovables

A piscina municipal de Noia contará cunha axuda de máis de 33.000 euros para a instalación de 102 paneis solares

29/01/21 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia aos concellos de Vilagarcía, A Illa, Lalín, Vila de Cruces, Caldas, Tomiño e Ponteareas para impulsar dez proxectos de enerxías renovables cun investimento de 158.000€

Trátase de seis instalacións de enerxía térmica con biomasa e catro de aproveitamento solar fotovoltaico en equipamentos públicos de carácter social, cultural, educativo, deportivo, institucional e comercial

29/01/21 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta tramitou o pago de 913.000 euros de axudas do bono social térmico a case 10.000 beneficiarios lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que xa está aberto o prazo para solicitar as achegas do bono social eléctrico da Administración autonómica

29/01/21 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a capacidade de adaptación da BFFood e na próxima convocatoria prestará especial atención á innovación para facer fronte á covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na ‘demoday’ en liña da segunda edición desta aceleradora de alimentación que sumou 14 novas propostas

28/01/21 | 19:44 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o esforzo e o comportamento exemplar do comercio galego, ao que traslada o compromiso da Xunta de seguir ao seu carón

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro en liña co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, así como coas federacións provinciais e as asociacións de comerciantes

28/01/21 | 19:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén o seu compromiso de colaborar na solución e reclama a Endesa que traballe na viabilidade económica e ao Goberno que non autorice o peche da central

Lamenta a decisión unilateral de Endesa, á que lembra que debe seguir pensando no futuro das Pontes tras coñecerse que as conclusións do comité técnico avalan que o uso de biocombustibles garante que a planta é viable desde o punto de vista técnico e medioambiental

28/01/21 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta explora as oportunidades de impulsar en Galicia o mercado do moble adaptado ás persoas maiores

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, inaugurou esta mañá a xornada en liña ‘Mobiliario pensado para o coidado das persoas maiores’

28/01/21 | 10:32 | C. de Economía e Industria

Conde avalía cos alcaldes da Rúa e Leiro vías de colaboración para impulsar a economía destes concellos ourensáns

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala nestas reunións a importancia da cooperación entre administracións para lograr a transformación do tecido empresarial

27/01/21 | 19:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta propón que durante o contexto actual de pandemia se baixe o IVE da luz do 21% ao 10% para evitar o encarecemento do prezo

Pide ao Goberno que sexa sensible ás circunstancias excepcionais que están a atravesar moitas familias, pemes e autónomos debido á crise da covid