Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/02/21 | 15:41 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia impulsa da man de 30 empresas e centros tecnolóxicos o Polo para a transformación de Galicia, con oito proxectos que optan aos fondos europeos

Feijóo salienta que os proxectos acadan un investimento público-privado de 3.000 millóns de euros, coa creación de 30.000 empregos

03/02/21 | 15:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén o seu compromiso de seguir colaborando co tecido empresarial de Lugo a través dos programas que xa ten en marcha para facilitar o financiamento de pemes e autónomos

O vicepresidente económico, Francisco Conde, reunise coa alcaldesa, Lara Méndez, á que lle trasladou as principais liñas coas que conta a Administración autonómica para acompañar ás empresas lucenses

03/02/21 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a candidatura aos fondos europeos do proxecto de mobilidade sustentable Green Bay para a electrificación do transporte marítimo

O vicepresidente económico, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron en Vigo na presentación desta iniciativa que interrelaciona os sectores da automoción, o naval e o pesqueiro

02/02/21 | 12:54 | C. de Economía e Industria

Conde aborda co Club Empresarial e Executivo de Galicia a necesidade de consolidar o tecido empresarial para favorecer a reactivación económica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co presidente da nova entidade, Mario Barcenilla

02/02/21 | 11:52 | C. de Economía e Industria

Presentadas 13 propostas para executar a nova ampliación do Ifevi que promove a Xunta e que permitirá incrementar a competitividade do recinto feiral

As obras, ás que se destinan máis de 7 millóns de euros, incrementarán en 5.000 metros cadrados a superficie das instalacións

01/02/21 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclámalle ao Goberno carga de traballo a curto prazo para Navantia e executar os investimentos do Estaleiro 4.0

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión coa xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ferrol (Cofer)

31/01/21 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 124 proxectos destinados a mellorar a competitividade das pemes galegas no actual contexto económico

As axudas aprobadas a través do programa ReAcciona, que mobilizarán 568.000€, permitirán achegar asesoramento ao tecido empresarial

30/01/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Conde analiza co alcalde de Vilanova de Arousa novas actuacións para potenciar a industria, o comercio e o emprendemento

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou ao rexedor, Gonzalo Durán, das distintas convocatorias abertas, entre elas os apoios por 2,3M€ para mellorar os parques empresariais

30/01/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello do Corgo coinciden na importancia de manter a cooperación institucional para reforzar o tecido empresarial deste municipio lugués

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Felipe Labrada, centrado nas medidas de apoio ao emprendemento e a atracción de compañías cara ao polígono industrial

30/01/21 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa apoios para promover a actividade dos novos clústeres a prol da dixitalización e a competitividade das pemes

A convocatoria da nova liña de axudas para as agrupacións sectoriais emerxentes, dotada con 500.000 euros, estará aberta ata o 10 de marzo