Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

11/02/21 | 12:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza a posta en marcha de novas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Ponteceso na presentación do proxecto que un equipo do IES Eduardo Pondal presentará á fase rexional do certame CanSat da Axencia Espacial Europea (ESA)

10/02/21 | 17:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera o seu ofrecemento ao Goberno para colaborar nos problemas industriais provocados en Galicia pola falta dunha transición enerxética xusta

Conde lembra que, no caso concreto da central das Pontes, a Xunta segue apoiando o uso de biocombustibles para que sexa viable economicamente

10/02/21 | 10:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola colaboración público-privada para traballar conxuntamente nas oportunidades e retos da reactivación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou na presentación da publicación ‘Después de la pandemia. Reflexiones y desafíos para Galicia’, editada por Ieside, a necesidade de achegar respostas diferentes a cada un dos sectores segundo as súas necesidades

09/02/21 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa un plan formativo para mellorar a comercialización e a presenza dixital dos obradoiros artesáns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, participa hoxe no inicio do primeiro dos cursos, centrado nas diferentes canles da venda en liña

09/02/21 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a Xunta impulsa unha economía máis sustentable que garante a reactivación a través da transformación ecolóxica e industrial

Aposta pola colaboración e o consenso para abordar a recuperación económica de Galicia e avanza que o seu departamento xa aprobou 28.000 solicitudes de apoio no marco do Plan de reactivación que suman 270M€

08/02/21 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou en dous anos 346.000 euros a fomentar a creación e ampliación de cooperativas na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con responsables da Asociación de Xóvenes Empresarios para explicar a nova convocatoria de achegas e impulsar un modelo “que achega maior cohesión social e territorial”

08/02/21 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de seguir traballando cos sectores máis afectados polo actual contexto para achegarlles liquidez

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nun encontro dixital sobre a política de crédito e préstamos da Administración autonómica

06/02/21 | 11:47 | C. de Economía e Industria

Conde pon a Vinigalicia como exemplo da aposta do tecido empresarial galego pola innovación e a internacionalización para ser máis competitivo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións que a compañía vitivinícola ten no concello de Chantada

05/02/21 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial innovador das pemes galegas do sector aeroespacial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra visitaron a empresa Aerocámaras en Lalín

05/02/21 | 12:42 | C. de Economía e Industria

Conde destaca en Lemos a importancia da modernización industrial como garante da creación de emprego e da cohesión territorial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantén un encontro coa Asociación de empresarios O Castelo e reúnese co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias