Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

22/02/21 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta insta a Alcoa e á Sepi a que pechen canto antes a venda da fábrica da Mariña para dar paso a un investidor que garanta a continuidade da actividade e do emprego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, por vía telemática, na mesa multilateral de Alcoa

21/02/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a competitividade empresarial a través dunha nova liña de axudas que apoia proxectos de I+D+i nos que colaboran entre pemes galegas

A Axencia Galega de Innovación (Gain) celebrou esta semana o webinario de presentación da convocatoria Conecta Hubs, dotada con 6,8M€

20/02/21 | 12:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta entrega o vindeiro venres os primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, buscan o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño

20/02/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o interese do Grupo CPS por participar no Polo Aeroespacial de Galicia evidencia o recoñecemento que o propio sector está facendo á iniciativa

A firma presentou dez propostas á consulta preliminar lanzada ao mercado pola Xunta, que traballa na definición do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

19/02/21 | 11:28 | C. de Economía e Industria

Galicia pecha 2020 exportando por cuarto ano consecutivo máis de 20.000 M€ e situándose como a quinta comunidade que máis vende ao exterior

O volume das exportacións da Comunidade supón un 8% do total de España, só superado por outras catro comunidades, e Galicia ascende ao liderado da cornixa cantábrica, superando ao País Vasco

18/02/21 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a presenza das empresas galegas nos Estados Unidos cunha nova xornada e asesoramento en liña

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nun encontro dixital que contou con intervencións de representantes de entidades comerciais norteamericanas e de Abanca USA

17/02/21 | 20:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Ministerio de Traballo que amplíe o período de consultas do ERE de Siemens para buscar alternativas ao peche

Conde considera que a ausencia da empresa nesta xuntanza é “unha oportunidade perdida” pola compañía para atopar solucións que dean continuidade á planta das Somozas e denota a mala fe coa que está actuando

17/02/21 | 13:24 | C. de Economía e Industria

Conde subliña a aposta que está a facer o sector da lousa e da pedra natural pola industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva

Pon Euro-Roca como exemplo desta aposta pola dixitalización e a diversificación, que contribúe a consolidar o liderado de Galicia como principal produtora en España de roca ornamental

16/02/21 | 20:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita a convocatoria urxente da mesa industrial para avaliar posibles alternativas ao peche de Siemens nas Somozas

O Goberno galego enviou hoxe sendas cartas á ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e á de Industria, Turismo e Comercio, Reyes Maroto, despois de solicitarlles xa a semana pasada a súa colaboración e non recibir resposta