Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

09/03/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Clúster da Madeira elaborarán un estudo para impulsar o deseño industrial en toda a cadea de valor do sector

O obxectivo é iniciar un programa de apoio ás empresas galegas para avaliar novos mercados, deseñar catálogos, elaborar e certificar prototipos e promover a comercialización

08/03/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha este mes unha antena en Londres para asesorar as empresas galegas ante os retos do Brexit

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, fai fincapé nun seminario organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), que se achegará información e axudas para manter a posición das empresas galegas no Reino Unido

07/03/21 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A provincia da Coruña alcanza os 36 concellos emprendedores tras a adhesión de Trazo

O municipio coruñés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

07/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A provincia de Ourense alcanza os 64 concellos emprendedores tras a adhesión de Celanova, Muíños, Castrelo de Miño e Manzaneda

Os catro municipios ourensáns súmanse ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

07/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A provincia de Pontevedra alcanza os 22 concellos emprendedores tras a adhesión de Mondariz

O municipio pontevedrés súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

06/03/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Boiro a importancia económica do oficio tradicional da carpintería de ribeira

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou xunto coa xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, as instalacións do obradoiro artesanal Asteleiros Triñanes, especializado desde hai máis de 40 anos na construción naval en madeira

05/03/21 | 13:26 | C. de Economía e Industria

Conde avalía co alcalde de Val do Dubra medidas para impulsar a actividade industrial e empresarial do concello

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexidor de Val do Dubra, José Manuel Varela

05/03/21 | 13:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica o seu compromiso cunha Galicia Verde no Día Mundial da Eficiencia Enerxética

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá a instalación fotovoltaica do complexo administrativo de San Lázaro

05/03/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía as sete primeiras iniciativas vinculadas ao futuro da cadea agro-mar-industria que aspiran a captar 550 millóns dos fondos europeos Next Generation e a crear 1.000 novos empregos

Subliña a importancia de desenvolver proxectos que integren ás pemes para completar toda a cadea de valor, e que a maioría das propostas teñan a oportunidade de desenvolverse a través da colaboración con outras Comunidades Autónomas