Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

18/03/21 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta inviste máis de 1,5 M€ na instalación de dúas centrais de biomasa no campus de Pontevedra e a cidade educativa da Xunqueira

O obxectivo é reducir o impacto no medio ambiente, acadando un sistema de calefacción máis eficiente desde o punto de vista enerxético para nove centros de ensino e facultades

17/03/21 | 15:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución da Fundación Belarmino Fernández ao desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da entidade no concello de Sober

16/03/21 | 20:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo analiza co secretario xeral da UGT a crise industrial da Comunidade e os retos derivados do impacto da pandemia e da xestión dos fondos de reconstrución europeos

Destaca que a colaboración cordial e frutífera entre Xunta e UGT é fundamental tanto para o desenvolvemento do Diálogo Social como para os logros acadados en materia de igualdade laboral

16/03/21 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta alerta do impacto que suporá o peche de Ence para o emprego no sector forestal galego

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuníronse hoxe con representantes do sector

16/03/21 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 5,4 M€ a empresa Arnoia distribución na súa aposta pola innovación e a industria 4.0 para converter a transformación dixital nunha oportunidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá, en Ponte Caldelas, as instalacións desta empresa

16/03/21 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Valdeorras a capacidade de adaptación do sector da lousa galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro con representantes do Clúster da Pizarra no que salientou a necesidade de avanzar no compromiso coa dixitalización, a innovación e as melloras medioambientais

15/03/21 | 13:12 | C. de Economía e Industria

Un consorcio de empresas galegas desenvolve un sistema automatizado, intelixente e autónomo para alimentar especies cultivadas en mar aberto co apoio da Xunta

Trátase dun desenvolvemento tecnolóxico integramente galego, liderado por Feeding Systems coa participación das empresas Quantum Innovative, Engranor e Montajes Cancelas e a colaboración dos grupos de investigación da Universidade de Vigo CIMA e ECIMAT

15/03/21 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza os servizos en liña para afondar na interlocución cos consumidores e dar resposta aos novos retos neste ámbito

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou as novas funcionalidades da web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que o ano pasado visitaron máis de 200.000 persoas e que preto de 5.000 usuarios utilizaron para facer as súas reclamacións en liña

15/03/21 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 723 proxectos de mellora da competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

As axudas aprobadas nas catro convocatorias de 2020 desta liña van mobilizar máis de 3M€, achegando respostas ao tecido empresarial sobre como afrontar o novo contexto económico provocado pola covid-19