Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

31/03/21 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial emprendedor do sector biotecnolóxico galego nunha visita á spinf-off Celtarys Research

A empresa de base tecnolóxica, de recente constitución, desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos

30/03/21 | 18:26 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta anima ás pemes do sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas que poidan optar a fondos europeos para facer fronte aos efectos da covid-19

A Consellería do Medio Rural vén de lanzar a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, que tamén contribuirá a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego

30/03/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o compromiso da Xunta por dar valor engadido ao sector forestal galego a través do impulso á biomasa

Afirma que Galicia reúne todas as condicións para avanzar nunha transición ecolóxica xusta onde a industria forestal ten que ter un papel protagonista

29/03/21 | 11:09 | C. de Economía e Industria

Mañá abre o prazo de solicitude do programa Renove Electrodomésticos da Xunta para as entidades colaboradoras

A convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, conta cun orzamento de 3M€ e prevé chegar a 20.000 fogares

28/03/21 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa as exportacións de pemes e autónomos en máis de 20 países a través da nova convocatoria do Plan Foexga

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a iniciativa, que se readapta para responder ás necesidades xeradas pola actual situación económica

27/03/21 | 11:13 | C. de Economía e Industria

Conde e o alcalde de Paradela estudan novas vías de cooperación para reforzar o tecido industrial do municipio lugués

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou ao rexedor, José Manuel Mato, dos diferentes programas cos que conta a Xunta para impulsar o investimento empresarial

26/03/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o laboratorio oficial de metroloxía de Galicia

Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”

26/03/21 | 12:46 | C. de Economía e Industria

O cambio de hora desta fin de semana supón un aforro enerxético próximo ao 0,4% no consumo eléctrico en Galicia

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano

26/03/21 | 12:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 3 M€ para a renovación de electrodomésticos en 20.000 fogares galegos

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou a convocatoria, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, que o vindeiro martes abrirá o prazo de adhesión de establecementos

26/03/21 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o impulso da competitividade da industria forestal galega como un dos principais retos da transición ecolóxica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no webinario ‘Retos e expectativas da industria forestal galega’