Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

12/04/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigación e innovación en empresas e centros de coñecemento

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario sobre esta iniciativa que pretende atraer, incorporar e reter o talento de profesionais

12/04/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a presenza das start-up galegas na feira internacional Mindtech para fortalecer o emprendemento industrial

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación asina un convenio de colaboración coa Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para habilitar espazos no encontro que se celebrará no recinto feiral do Ifevi en Vigo entre o 14 e o 16 de setembro

11/04/21 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel das entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) para apoiar ás administracións locais na tramitación de proxectos empresariais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza esta semana con varias destas entidades na que informou das novidades da Lei de reactivación económica

11/04/21 | 09:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con preto de 2,4M€ a 95 asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

As axudas, que chegan aos 49.000 euros, permiten atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos na actual situación económica

10/04/21 | 09:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha un programa de formación sobre comercio electrónico e consumo responsable dirixido ás persoas maiores

A iniciativa, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), consta de oito talleres de diferentes temáticas nos que se prevé a participación de 2500 persoas

09/04/21 | 17:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta en Ponteceso a importancia de achegarlle os oficios artesáns aos máis pequenos como motor do desenvolvemento de Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta tarde os obradoiros para familias que organiza ata o domingo a Fundación Eduardo Pondal, co apoio da Xunta de Galicia, para celebrar os Días Europeos da Artesanía

09/04/21 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A cartografía de risco da covid-19 desenvolvida pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta permite analizar a incidencia territorial da pandemia e a súa evolución coa chegada da vacina

Esta iniciativa proporciona ao Servizo Galego de Saúde información de calidade para a toma de decisións orientadas a frear o avance da pandemia

09/04/21 | 12:53 | C. de Economía e Industria

Conde adianta que a partir do vindeiro mércores 14 de abril poderanse solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio

Sinala que esta medida ten como obxectivo axudar a pemes e autónomos dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia a mellorar as súas instalacións enerxéticas con apoios que suman un total de 3M€