Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

21/04/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia ao Grupo Nueva Pescanova na creación dun novo modelo de fábrica 4.0, ao que aplicará a intelixencia artificial para gañar en sostibilidade e eficiencia produtiva

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe a presentación do proxecto Sea2Table 4.0, que desenvolverá Grupo Nueva Pescanova, xunto co Centro de Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, e a spin off da Universidade de Vigo, ASM Soft

21/04/21 | 11:26 | C. de Economía e Industria

Conde subliña o consenso, a colaboración público-privada e a implicación das pemes como a base sobre a que se asenta a candidatura de Galicia aos fondos Next Generation

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe a petición propia na comisión parlamentaria sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia

21/04/21 | 09:50 | C. de Economía e Industria

Trenor informa do Plan de apoio aos establecementos de proximidade e anima aos comerciantes a sumarse ao bono Activa Comercio

A iniciativa, para incentivar o consumo, arrincará a principios de maio con descontos de 30€ para os clientes, os establecementos interesados en participar xa poden presentar a súa solicitude

20/04/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a candidatura galega aos fondos Next Generation inclúe 32 proxectos no eido da mobilidade e un investimento público-privado de 1.800 millóns

Lembra que Galicia leva traballando desde 2009 para mellorar a mobilidade, “e cos Next Generation temos unha boa oportunidade para dar un gran impulso a este compromiso”, di

20/04/21 | 10:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas dirixidas a apoiar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos desta industria

A convocatoria da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación conta cun orzamento de 11,3M€ e prevé chegar a 125 empresas

19/04/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os traballadores de Alcoa San Cibrao comparten a necesidade de que o Goberno achegue respostas sobre a situación actual da operación de compra-venda da planta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá co comité de empresa da factoría da Mariña

19/04/21 | 10:08 | C. de Economía e Industria

Os cidadáns poderán solicitar desde mañá as axudas do programa Renove Electrodomésticos coas que a Xunta prevé chegar a 20.000 fogares galegos

A convocatoria da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación facilitará a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras a través dun orzamento de 3M€, un 70% máis que na edición anterior

18/04/21 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha un programa formativo en materia de consumo destinado a colectivos vulnerables

A iniciativa do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) inclúe un programa de formación de formadores e tres talleres sobre luz e gas, sobreendeudamento e compras realizadas por internet

18/04/21 | 12:45 | C. de Economía e Industria

O prazo para presentarse ao certame de materiais innovadores de Galicia que convoca a Xunta mantense aberto ata o 13 de maio

O obxectivo é identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia e poñer en valor o esforzo de I+D que se realiza neste campo desde as empresas, os grupos de investigación e os centros tecnolóxicos