Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/04/21 | 15:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta abre unha manifestación de interese que impulsará a implantación de novos centros de I+D+i en Galicia no marco da reconstrución

Feijóo salienta que a iniciativa permitirá identificar potenciais empresas interesadas en asentar en Galicia os seus centros e obter información sobre o ecosistema de innovación para definir futuros apoios

29/04/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Arias informa aos negocios de Foz sobre os bonos desconto de 30 euros que financiará a Xunta para gastar no pequeno comercio

O delegado territorial da Administración galega explicou que os autónomos e pemes que rexenten establecementos comerciais poden sumarse ao programa de xeito sinxelo desde a páxina web bonosactivacomercio.gal

29/04/21 | 13:33 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que dixitalización e sustentabilidade son o binomio que vai marcar o desenvolvemento industrial de Galicia

Destaca que a transición ecolóxica non pode entenderse sen a transformación dixital dos nosos sectores produtivos

29/04/21 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Vigo os Bonos Activa Comercio cos que se busca dinamizar as vendas e reactivar o sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias visitou varios establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa na que se invisten 10M€

29/04/21 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a marca artesanía de Galicia e o sector artesán galego na Escola de Arte e Superior de Deseño Antón Faílde de Ourense

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, impartiu unha charla esta mañá para os alumnos de ebanistería artística que complementa a exposición ‘Sacando viruta. Artesanía e deseño’, que se poderá visitar ata o 26 de maio

28/04/21 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa ao carón do tecido empresarial de Lugo para facilitar que o polígono do Ceao recupere a súa actividade canto antes

Conde recoñece que a inmediata reacción dos equipos de extinción, as mostras de responsabilidade e compromiso das empresas e a disposición do Goberno galego para colaborar en todo canto sexa preciso, permite albergar esperanzas de que pronto se recuperará a actividade nas naves afectadas

28/04/21 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por un proxecto industrial nos terreos de Vulcano sempre que garanta investimentos, carga de traballo e xeración de emprego

Conde apela ao consenso para atopar unha alternativa que permita a reactivación, defendendo como primeira opción a industria naval

28/04/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Lugo os Bonos Activa Comercio cos que se busca dinamizar as vendas e reactivar o sector

O director xeral de Comercio e Consumo presentou esta iniciativa, na que se invisten 10M€, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias

28/04/21 | 10:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta, Abanca, Reganosa e Sogama constitúen a nova sociedade público-privada que se encargará de impulsar os proxectos tractores en Galicia

A Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia nace para madurar iniciativas empresariais con relevante efecto dinamizador na economía galega