Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

28/10/22 | 18:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta comprométese co Concello de Ferrol a actuacións de mellora nos servizos públicos, saneamento, infraestruturas e dinamización industrial da cidade

Anuncia a ampliación da participación da Xunta no saneamento rural de Ferrol, ata un 70 % cun investimento de 8,4 M€ ata 2026

28/10/22 | 16:54 | C. de Economía e Industria

Galicia presenta en Portugal a súa axenda industrial para impulsar as renovables e a eficiencia enerxética

Conde lembra que os Orzamentos da Vicepresidencia económica destinan sete de cada dez euros, ata un total de 360 M€, a impulsar a transformación enerxética e dixital da industria galega

28/10/22 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A nova Axenda da Minaría de Galicia incentivará a modernización tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable do sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou no Porriño as instalacións de Grupo Levantina, referente na industria do granito

27/10/22 | 19:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta recolle nos Orzamentos do vindeiro ano máis de 27 M€ para consolidar o Polo aeroespacial de Galicia

Conde salienta que Galicia agarda que o Goberno convoque canto antes o groso das axudas deste Perte Aeroespacial porque conta cun proxecto sólido e apoiado por tres novos socios industriais (Airbus, Babcock e Telespazio) e por compañías do sector como Boeing e Indra

27/10/22 | 18:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Vigo que a mobilidade sostible e eficiente está chamada a ser impulsora da competitividade da automoción galega

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, inaugurou en Vigo o laboratorio de ideas ‘Retos da automoción a nivel global’

27/10/22 | 17:09 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que o sector biotecnolóxico ten futuro en Galicia grazas á confianza depositada polo tecido empresarial con iniciativas como as de Zendal, Indukern e Lonza

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Santiago de Compostela no VII Fórum RIES 2022 sobre a saúde de vangarda
 

27/10/22 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Carballo o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso do Centro Comercial Aberto de Carballo

27/10/22 | 14:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Axenda da Minaría Sustentable de Galicia pretende consolidar o sector como un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria

Rueda destaca que, cun investimento público de preto de 32M€ ata 2024, contribuirá “a fortalecer a competitividade do sector”

27/10/22 | 12:31 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización