Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

03/05/21 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta creará unha rede de información provincial para que os concellos poidan coñecer con anticipación os futuros proxectos eólicos

Conde apunta que o obxectivo é que as administracións locais coñezan as características de cada proxecto sen prexuízo das alegacións que este organismo, así como calquera outra persoa ou entidade da zona, poida presentar no trámite de exposición pública ordinario

02/05/21 | 11:36 | C. de Economía e Industria

Os bonos desconto da Xunta de Galicia para realizar compras no comercio de proximidade poden descargarse a partir de mañá

Cada cliente disporá de 30 euros que se irán consumindo en función do valor da compra realizada nos establecementos que participan no programa Bono Activa Comercio

01/05/21 | 11:41 | C. de Economía e Industria

Aberta a manifestación de interese da Xunta para a implantación de novos centros de I+D empresarial en Galicia

Ten como obxectivo, dentro do espírito de afondar na colaboración público-privada, coñecer as propostas de potenciais empresas interesadas e ao mesmo tempo contar coa información necesaria para que o Goberno galego poida deseñar posteriormente instrumentos de apoio axeitados

30/04/21 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou máis de 349.000€ a 47 restaurantes e cafeterías da comarca do Barbanza para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego aportou 11M€ á dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

30/04/21 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a Hifas da Terra na implementación de procesos intelixentes na produción de complementos nutricionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación do proxecto NutriGen 4.0, que desenvolverán conxuntamente a empresa de biotecnoloxía Hifas da Terra e o centro tecnolóxico Anfaco

30/04/21 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Ourense a comercialización do produto artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá a XXIV Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 2 de maio

30/04/21 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na obtención de materiais de uso comercial a partir de residuos agroforestais unha oportunidade para o rural galego

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na xornada sobre materiais biobasados enmarcada no proxecto Valornature, no que colabora o CIS Madeira

30/04/21 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a transformación dixital dos sectores da saúde e o benestar como motor de competitividade para a economía galega

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no obradoiro ‘Dixitalización Industria 4.0: os sectores da saúde e o benestar’, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo)

30/04/21 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta comeza unha nova iniciativa para promover encontros de transferencia e innovación entre empresas e centros de coñecemento galegos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu ao primeiro acto desta experiencia que, enmarcada no programa Ignicia, pretende activar procesos colaborativos que permitan xerar solucións aos retos empresariais identificados