Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

14/05/21 | 13:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa apoios específicos para o téxtil en programas destinados a impulsar a recuperación do tecido produtivo

O director do Igape, Fernando Guldrís, avanzou ao presidente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), José Antonio Conde, as medidas de impulso ao sector incluídas nas liñas que se activarán proximamente

13/05/21 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten previsto apoiar este ano máis de 165 empresas do sector forestal para reforzar o seu papel clave na transición ecolóxica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou a aposta da Administración autonómica pola innovación, a formación e a comercialización de produtos desta industria durante unha visita en Valga a Barton Maquinaria

13/05/21 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial e a capacidade instalada coa que conta Galicia para impulsar a eólica mariña

Conde subliña a vontade da Administración galega de afondar nas posibilidades que esta enerxía renovable ofrece á industria e á economía da Comunidade a través do consenso e garantindo o seu desenvolvemento desde o respecto ás actividades pesqueiras e á preservación do ecosistema mariño

12/05/21 | 14:33 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que a Lei de reactivación económica abre un marco de colaboración cos concellos de Pontevedra para garantir o desenvolvemento ordenado do sector eólico

Ofrece máxima transparencia e colaboración no desenvolvemento desta actividade coa creación dunha rede de información provincial para que os goberno locais poidan coñecer os futuros proxectos antes de iniciar a súa tramitación

12/05/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que ofrecen os fondos Next Generation para o sector alimentario galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, reuniuse esta mañá con empresas do eido da alimentación nun dos encontros dixitais que está a manter con diferentes clústeres para achegar as claves da proposta galega para optar a estes recursos

12/05/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a Unidade Mixta de Investigación na que colabora coa UDC e Navantia como unha ferramenta fundamental para a modernización do tecido industrial de Ferrolterra

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, salientou a necesidade de colaboración entre empresas e centros de coñecemento nunha xornada de difusión da UMI no campus ferrolán da Universidade da Coruña

11/05/21 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acada máis de 470 millóns de euros para desenvolver 1103 proxectos de innovación

A meirande parte das iniciativas encádranse dentro das seis áreas estratéxicas de cooperación identificadas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente Tranfronteiriza, liderada pola Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte

11/05/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

O Programa Renove Electrodomésticos da Xunta de Galicia xa recibiu máis de 7700 solicitudes nas tres primeiras semanas

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou hoxe en Lalín as instalacións de Tien21, un dos 500 establecementos adheridos á iniciativa

11/05/21 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel do emprendemento e a iniciativa empresarial das mulleres no desenvolvemento do tecido produtivo galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá nun encontro dixital de traballo coa Asociación de Mulleres Empresarias de Galicia co obxectivo de dar a coñecer os apoios activados polo Goberno galego

10/05/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por posicionar o CIS Galicia como Centro de Innovación de referencia para todo o tecido industrial de Ferrolterra

Conde destaca que o CIS Galicia debe ser un punto de encontro dos sectores productivos, aproveitando a presenza nel de entidades como Asime, os clústers do naval e das enerxías renovables, Aclunaga, e Cluergal, respectivamente, e as citadas Navantia e Siemens