Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

20/05/21 | 19:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o uso da madeira de proximidade na construción e a valorización de especies locais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde na xornada en liña de presentación da ferramenta web Trabe, deseñada para o cálculo estrutural de produtos en madeira

20/05/21 | 16:42 | C. de Economía e Industria

Preto de 31.000 persoas da provincia de Pontevedra xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta tarde varios dos 63 negocios que se uniron a este programa no concello de Marín

20/05/21 | 15:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de emprego

Explicou que é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada

20/05/21 | 15:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza unha nova convocatoria do programa de axudas á formación e divulgación da industria forestal

Feijóo salienta que o obxectivo é incrementar a capacitación dos traballadores e dar a coñecer a importancia do sector

20/05/21 | 13:38 | C. de Economía e Industria

O cociñeiro Héctor López amosa na Aula Gastronómica Galicia Calidade celebrada no IES Vilamarín os segredos dunha cociña familiar innovadora

Máis de 20 de alumnos e alumnas deste centro ourensán participaron na ‘masterclass’ organizada pola Xunta

19/05/21 | 14:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 1,7M€ un proxecto de fábrica intelixente de Ferroatlántica para mellorar a sustentabilidade das baterías de ion-litio

O proxecto busca mellorar a densidade enerxética, o custo e a sustentabilidade das baterías de ion-litio afondando en novos sistemas de fabricación de materiais e en procesos de produción máis eficientes

18/05/21 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta aprobará no Consello no vindeiro xoves o Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025

Conde asegura que será a folla de ruta a seguir para atraer investimentos e consolidar o ecosistema de innovación e de empresas que Galicia xa leva forxado en torno a este sector

17/05/21 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde as oportunidades que representan os materiais innovadores para a industria galega

O Goberno galego ten aberta a inscrición para o primeiro workshop do ano sobre esta cuestión, que se celebra o 20 de maio no marco da Materioteca de Galicia

16/05/21 | 09:26 | C. de Economía e Industria

O martes remata o prazo de solicitude da cuarta convocatoria do programa Talento Sénior da Xunta

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten como obxectivo facilitar a contratación de 14 profesionais altamente cualificados ou investigadores doutores con máis de cinco anos de experiencia para que desenvolvan a súa carreira profesional en Galicia

14/05/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a iniciativa Cabanas das Chousas é sustentable en todas as súas dimensións amosando o valor da madeira tanto no eido do deseño como da construción

A iniciativa contou, o pasado ano, cunha axuda de 20.000 euros por parte da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) enmarcada nos apoios para fomentar o uso da madeira e, en concreto, para apoiar a realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos en madeira