Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

02/06/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para a dixitalización do tecido produtivo, prestando especial atención a pemes do sector téxtil, a automoción e o naval

Desde hoxe está aberto o prazo de presentación de solicitudes para esta iniciativa á que o Goberno galego destina 7,4 millóns de euros

01/06/21 | 19:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece á Autoridade Portuaria de Ferrol que se sume á proposta de crear unha Zona Franca e solicita o apoio do Goberno

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo Jordán, para seguir avanzando no Pacto de Estado por Ferrol

01/06/21 | 18:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a construción e rehabilitación con madeira entre os profesionais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde no curso en liña de entramado lixeiro de madeira en proxectos de arquitectura, no marco do acordo co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)

01/06/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

Preto de 17.000 persoas da provincia de Lugo xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta ma-ñá varios dos 49 negocios que se uniron a este programa no concello de Ribadeo

01/06/21 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o espírito emprendedor do Concello da Laracha, que dá a benvida a Unifersa ao seu polígono empresarial

A empresa especializada en ferraxería contará cunha parcela de 42.000 m2 para lograr unha maior operatividade loxística

01/06/21 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a Lei de simplificación administrativa crea un marco normativo adaptado ás necesidades do tecido empresarial ante o reto da recuperación económica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación interveu hoxe na xornada Axilidade Administrativa. Un reto para o impulso da competitividade empresarial, organizada polo Club Empresarial e Executivo de Galicia

31/05/21 | 12:05 | C. de Economía e Industria

Galicia destina 12M€ a unha iniciativa para axudar a 15.000 pemes e microempresas a investir en innovación

A Xunta porá o foco nas empresas con potencial para innovar que aínda non o fixeron e naquelas situadas en núcleos non urbanos

30/05/21 | 11:47 | C. de Economía e Industria

Xunta e Bioga colaborarán no desenvolvemento de iniciativas en Galicia que axuden na captación de novas empresas biotecnolóxicas

A Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida buscan consolidar o papel do sector biotecnolóxico en Galicia con medidas como o programa Lonxa de talento, que facilitará ao tecido industrial de recente creación a posibilidade de acceder a persoal de alta cualificación