Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

05/06/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Un total de 74 tendas de Monforte de Lemos participan no Bono Activa Comercio da Xunta ao que xa se sumaron 1600 veciños e veciñas

Galicia conta con 5260 comercios e 132.000 bonos descargados, dos que 17.600 proceden da provincia de Lugo

05/06/21 | 14:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 5,4m€ a apoiar preto de 500 actuacións que impulsen o uso das enerxías renovables e a eficiencia enerxética no sector agrícola

O obxectivo do Goberno galego é mobilizar 22,8M€, crear ou manter máis de 180 empregos e permitir un aforro de 2M€ na factura enerxética

04/06/21 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta prevé que a través da colaboración público-privada o sector biotecnolóxico mobilice máis de 600 M€ ata 2025 para impulsar en Galicia un crecemento económico verde e sustentable

Conde destaca que esta nova estratexia permitirá incrementar nun 50% o número de empresas na industria biotech e crear máis de 500 novos empregos cualificados

03/06/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para desenvolver proxectos como o de Ferroatlántica que permiten mellorar a fabricación de baterías de ion-litio

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá por videoconferencia no acto de presentación desta iniciativa que busca mellorar o custo e a sustentabilidade das baterías de alta densidade enerxética

03/06/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria para que as pemes da industria forestal participen nun programa de axudas que mobilizará 5M€ en proxectos de innovación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Lugo as instalacións da empresa Maderas Besteiro

03/06/21 | 11:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno central insista en avaliar proxectos de parques eólicos que se atopan fóra das áreas de desenvolvemento previstas na comunidade galega

Cómpre lembrar que nos últimos meses o Goberno galego xa informou desfavorablemente un total de 35 proxectos estatais que non cumpren a condición de atoparse nunha desas áreas

02/06/21 | 15:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
02/06/21 | 15:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que o Goberno apoie o proxecto de biocombustibles para As Pontes, que é economicamente viable e garante a continuidade dos empregos

Na xuntanza, o Ministerio para a Transición Ecolóxica comprometeuse a analizar a proposta da Xunta e buscar mecanismos de poxa que poidan dar apoio a esta iniciativa

02/06/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co comercio galego na nova edición dos ‘Días Azuis’ para dinamizar a súa actividade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou esta mañá en Santiago de Compostela esta campaña, que se celebrará entre o 7 e o 30 de xuño