Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

15/06/21 | 20:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza preto de 60 talleres en diferentes concellos galegos para informar sobre a nova tarifa eléctrica

O director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Manuel Heredia, asistiu esta tarde a unha destas charlas que se levou a cabo no Museo do Moble e da Madeira da Estrada

15/06/21 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiará actuacións de eficiencia enerxética nas explotacións agropecuarias de Galicia que mobilizarán 9,4M€

O prazo de solicitude desta convocatoria, de concorrencia non competitiva, estará aberto do 22 de xuño ao 31 de decembro

14/06/21 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza co Inta no deseño do polo aeroespacial de 2025 co obxectivo de consolidar Galicia como un referente no sector

A nova Estratexia 2021-2025 contempla a atracción de 4 a 8 empresas tractoras da industria aeroespacial e a participación de máis de 200 empresas, sobre todo pemes

14/06/21 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta continúa traballando na incentivación e revitalización do comercio de proximidade

Gabriel Alén informou ao presidente dos comerciantes que, ao amparo dos programas de apoios ás asociacións de comerciantes, o ano pasado resultaron beneficiados na provincia ourensá sete centros comerciais abertos e unha asociación de praceiros cunha achega de máis de 253.000 euros

14/06/21 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde o potencial dos novos materiais capaces de captar enerxía creados por empresas e centros de coñecemento galegos

O 18 de xuño celébrase un novo workshop online sobre materiais innovadores no marco da Materioteca de Galicia

14/06/21 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o grande esforzo realizado pola artesanía galega para consolidar a súa presenza dixital durante a pandemia

Recoñece que o 2020 foi o ano no que o sector tivo que dar o salto definitivo á comercialización en liña e a novos modelos de xestión e venda, para o que contou co apoio do Goberno autonómico

13/06/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor as II Xornadas Internacionais de Madeira para impulsar o uso da madeira e o crecemento da industria forestal galega

O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou este mediodía na clausura desta iniciativa que se levou a cabo en Arteixo

13/06/21 | 11:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para a consolidación dos centros tecnolóxicos

Os apoios, aos que se destinan 6,2M€, diríxense aos sete centros tecnolóxicos de Galicia e aos dous de apoio á innovación tecnolóxica que figuran no rexistro estatal

12/06/21 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede 96.000 euros ao Concello de Pontedeva para executar melloras nos accesos ao polígono industrial de Trado

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou desta nova achega ao alcalde en funcións, Juan Carlos González

12/06/21 | 11:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia inicia unha campaña informativa dirixida aos consumidores sobre a nova tarifa eléctrica

O Instituto Galego de Consumo e da Competencia, dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, habilita un espazo de información na súa páxina web cos principais cambios e conta con diferentes canles gratuítas de comunicación