Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

17/06/21 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con CCOO as oportunidades que se presentan en Galicia para asentar a reactivación económica e a xeración de emprego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuníronse esta mañá coa nova executiva do sindicato en Galicia, encabezada pola súa secretaria xeral, Amelia Pérez

17/06/21 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Galicia avanza co sector a nivel estatal as principais liñas do Polo Aeroespacial de Galicia para o período 2021-2025

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada organizada pola Plataforma Tecnológica Aeroespacial Española

17/06/21 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por tecnoloxías renovables como a aerotermia para avanzar na cultura da eficiencia enerxética

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na xornada ‘Aerotermina-bomba de calor: unha oportunidade para a recuperación verde de Galicia’, organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña

17/06/21 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Muros a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

A exposición ‘Enredadas’, que reúne os resultados dos cursos de formación para redeiras artesás galegas, estará aberta ao público no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón desde mañá, 18 de xuño, ata o próximo 18 de xullo

16/06/21 | 22:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que os premios de AJE Galicia exemplifican a capacidade de innovación do tecido empresarial galego

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Narón na entrega dos ‘X Premios Joven Empresario/a e Iniciativa emprendedora de Galicia’

16/06/21 | 19:51 | C. de Economía e Industria

Conde apela á coordinación entre administracións para conseguir unha planificación ordenada do sector eólico

Subliña que, para a Xunta, o cumprimento das directrices ambientais é unha premisa esencial na tramitación de todo proxecto eólico

16/06/21 | 19:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola promoción da construción con madeira para contribuír á reactivación económica

O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Santiago de Compostela nun webinario sobre o impulso deste material enmarcado no Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima da Unión Europea

16/06/21 | 16:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta defenda a importancia de promover a sustentabilidade e a dixitalización do sector mar-industria a través de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración do 9º Workshop Internacional en Tecnoloxía Mariña (Martech) organizado pola Universidade de Vigo

16/06/21 | 14:40 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o esforzo do tecido produtivo galego, con máis de 12 empresas creadas ao día en 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu hoxe nun encontro sobre os retos económicos xurdidos da crise da covid-19, con motivo da celebración do pleno da Cámara de Comercio da Coruña