Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

22/06/21 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Rodeira en Cangas a través do selo Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe as instalacións para facer o izado da bandeira que acredita a marca de garantía

22/06/21 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno transparencia no reparto dos fondos europeos Next Generation para que Galicia poida competir en igualdade de condicións

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo nunha xornada sobre os retos que trae o novo contexto socieconómico, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia

21/06/21 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima na Coruña a participar na campaña ‘Días azuis’ para dinamizar o comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá varios dos establecementos coruñeses adheridos á campaña, que se levará a cabo ata o 30 de xuño

21/06/21 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta ensalza o compromiso de Sotavento no desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia a través da I+D+i e a pedagoxía

Conde salientou o “frutífero labor” realizado nas instalacións de Xermade, consolidándose como un espazo de experimentación e escaparate dos avances tecnolóxicos que se foron dando no sector eólico e das enerxías limpas

21/06/21 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve en Maderas Gestal un exemplo da renovación que está acometendo a industria forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou esta mañá en Oza-Cesuras as instalacións do serradoiro Maderas Gestal

20/06/21 | 11:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria de axudas para promover a formación de máis de 1500 profesionais na industria forestal galega

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación prevé apoiar 136 actuacións con esta iniciativa, aberta ata o 19 de xullo

19/06/21 | 11:36 | C. de Economía e Industria

Os autónomos e pemes galegos poderán solicitar este mes axudas á dixitalización que suman 17M€

As liñas de apoios e obradoiros á dixitalización, con 7,4 millóns, porán o foco nos proxectos para sectores estratéxicos como o téxtil, a construción naval ou a automoción

19/06/21 | 11:34 | C. de Economía e Industria

A provincia de Ourense alcanza os 66 Concellos Emprendedores tras a adhesión de Pereiro de Aguiar

O municipio ourensá súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

19/06/21 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A provincia de Lugo alcanza os 21 Concellos Emprendedores tras a adhesión de Sarria e Guntín

Os dous municipios lucenses súmanse ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

18/06/21 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que o Goberno sexa sensible ás necesidades da comarca de Ferrolterra e dos traballadores de Navantia

Conde remarca que a Xunta leva un mes esperando desde que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, o documento do Pacto de Estado por Ferrol