Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/06/21 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a súa liña de financiamento para apoiar ás pemes dos sectores máis afectados pola pandemia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe á xunta territorial de Ibermutua, onde puxo de manifesto o papel deste sector á hora de dar cobertura ás continxencias profesionais dos traballadores durante a pandemia

29/06/21 | 13:24 | C. de Economía e Industria

Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a 91 autónomos con axudas de máis de 219.000€

O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

29/06/21 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa novas axudas para que as pemes galegas incorporen o deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade

A convocatoria, cun investimento de 1,5M€, sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro venres 2 de xullo coa previsión de poder apoiar 50 proxectos con axudas que oscilan entre os 5000 e os 100.000€

28/06/21 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as oportunidades de mellora competitiva que ofrece a dixitalización ao sector hostaleiro galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitou esta mañá en Santiago o hotel A Tafona do Peregrino, do cal salientou a súa adaptación ás novas tecnoloxías como xeradoras de novas oportunidades ante a crise da covid-19

27/06/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o IV Encontro de Deseño para a Innovación co foco no reto climático, a transformación dixital, a competitividade empresarial e o benestar social

O evento terá lugar o vindeiro martes 29 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, e levarase a cabo de maneira presencial-virtual no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol

27/06/21 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que os fondos Next Generation supoñen para impulsar unha mobilidade sostible

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro de traballo por vía telemática con representantes de Faconauto e Anfac

27/06/21 | 10:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia, Asturias e Cantabria avogan pola colaboración entre administracións para impulsar o desenvolvemento da enerxía eólica mariña

Os presidentes autonómicos Alberto Núñez Feijóo, Adrián Barbón e Miguel Ángel Revilla acordan traballar de maneira conxunta para estudar e avaliar as posibilidades técnicas, viabilidade económica e desenvolvemento ordenado desta enerxía, de tal xeito que sexa compatible co resto de actividades, especialmente a marítimo-pesqueira

26/06/21 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o talento e a formación como as materias primas para dar resposta á transición ecolóxica e dixital que ten por diante Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta tarde na Coruña á clausura do curso académico da Escola de Finanzas Business School

26/06/21 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A xoeiría Isabel Suárez de Santiago súmase ás máis de 140 empresas que contan co selo Galicia Calidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta tarde o establecemento

26/06/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta certifica a excelencia do Club Náutico de Boiro a través do selo Galicia Calidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións para facer o izado da bandeira que acredita esta marca de garantía