Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

09/07/21 | 11:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta inclúe, no marco do Polo Aeroespacial 2025, axudas para a internacionalización das empresas galegas vencelladas a este sector industrial

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá nas demostracións aéreas celebradas no aeródromo de Rozas con motivo de Unvex’21

08/07/21 | 15:53 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Máis de 20.000 familias galegas e 700 autónomos e pemes aforrarán na súa factura enerxética grazas ás axudas do Plan Renove Electrodomésticos e do Bono Enerxía Peme e Comercio

Feijóo subliña que ambas convocatorias mobilizarán un total de 15,5 millóns de euros e permitirán unha redución de CO2 equivalente a plantar 105.000 árbores

08/07/21 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia crea o Consello de Cooperación de Consumo para afondar na coordinación cos concellos en materia de protección das persoas consumidoras e usuarias

Conformado por representantes das administracións autonómica e local, terá un carácter consultivo, asesor e participativo

07/07/21 | 14:52 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo constata o papel referente da planta viguesa para o grupo Stellantis, para o sector en Galicia e para o conxunto da automoción a nivel mundial

Asevera que a fabricación en Galicia dunha nova xeración de vehículos evidencia que a Comunidade ten moito que dicir no futuro desta industria grazas á competitividade e á capacidade innovadora e tecnolóxica da cadea de valor

07/07/21 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Sanxenxo a comercialización da Artesanía de Galicia

O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due estará aberto ao público durante os meses de xullo e de agosto e contará con pezas de 36 obradoiros artesáns

06/07/21 | 14:33 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que Galicia está preparada para afrontar novos retos na industria aeroespacial a través da Estratexia 2025 e de empresas como Centum

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, estivo esta mañá en Vigo nas instalacións desta compañía que participou no sistema de xeolocalización Lifeseeker, primeiro produto aeronáutico desenvolvido en Galicia cun certificado da Axencia Europea de Seguridade Aérea

06/07/21 | 13:25 | C. de Economía e Industria

O torneado da madeira regresará en setembro a Xermade coa celebración do XXI Encontro Internacional de Torneiros

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, colabora cada ano nesta iniciativa de divulgación do oficio tradicional

06/07/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a Maderas Pérez Giménez como exemplo do traballo da industria forestal por desenvolver cadeas de valor que impulsen a innovación e sustentabilidade dos montes galegos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Gondomar as instalacións desta empresa familiar para coñecer os seus proxectos

05/07/21 | 19:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno perda unha nova oportunidade para buscar solucións a problemas como o prezo da luz, a planificación eólica e a subestación de Balaídos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na Conferencia Sectorial de Enerxía, onde se evitaron avaliar cuestións que están a repercutir na economía das familias e na competitividade do tecido produtivo