Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

05/08/21 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a competitividade do tecido empresarial de Cervo e a captación de novos investimentos con axudas de 240.000 euros para a mellora do polígono de Cuiña

Os apoios autonómicos permitirán a construción de beirarrúas na marxe dereita da vía de acceso principal ao parque empresarial, así como a instalación dunha cuberta para tarefas de clasificación e separación de residuos

05/08/21 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitudes para as empresas de venta de vehículos eléctricos e as de implantación de infraestruturas de recarga que queiran colaborar co programa Moves III

Os concesionarios e instaladores poderán presentar as súas peticións de adhesión como entidades colaboradoras a partir de mañá, venres 6 de agosto

04/08/21 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o impulso da competitividade de Finsa a través de procesos de innovación e proxectos de mellora de eficiencia enerxética

Conde destacou que o desenvolvemento tecnolóxico que está a facer o grupo empresarial contribúe a situar á planta ourensá na vangarda do desenvolvemento da dixitalización e a sostibilidade

04/08/21 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o Foro de Instrumentos Musicais #Resonancias do festival ‘Música no Claustro’

Artesanía de Galicia estará presente neste encontro profesional que se celebra hoxe e mañá na Catedral de Tui e que está centrado na investigación, documentación, innovación, restauración e conservación dos instrumentos

04/08/21 | 09:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta dá a coñecer os sete proxectos que a través do programa Ignicia levarán ao mercado os resultados da investigación en centros de coñecemento

A Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración coa Fundación Barrié, impulsa esta convocatoria pioneira en España

03/08/21 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 2M€ as asociacións de comerciantes e vendedores para impulsar a competitividade do sector

A convocatoria está destinada a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións

02/08/21 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede axudas por máis de 183.000 euros ao concello de Boiro para apoiar a mellora e a modernización do parque empresarial de Espiñeira

O Goberno galego destina este ano 4,12M€ para impulsar proxectos de acondicionamento de infraestruturas en 51 municipios, pertencendo 21 actuacións á provincia da Coruña

02/08/21 | 12:47 | C. de Economía e Industria
30/07/21 | 17:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor os oficios artesanais na apertura de 'Artesanía de Galicia no Courel'

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, foron hoxe ata Folgoso do Courel para inaugurar a programación de obradoiros artesanais que se celebrarán ata o 8 de agosto