Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

20/08/21 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta selecciona un proxecto de I+D desenvolvido pola Fundación Profesor Novoa Santos co obxectivo de levalo ao mercado

O proxecto seleccionado a través do programa Ignicia baséase no desenvolvemento dun fármaco contra a degradación de proteínas no tratamento de metástase de carcinoma

20/08/21 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta selecciona catro proxectos de I+D desenvolvidos na Universidade de Vigo e centros de coñecemento da comarca co obxectivo de levalos ao mercado

Os proxectos seleccionados a través do programa Ignicia están promovidos pola universidade viguesa, Aimen e Gradiant

A partir de setembro, estas iniciativas terán dous meses para perfilar os seus plans de comercialización

19/08/21 | 10:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta logra que máis de 50 empresas de servicios básicos ofrezan un teléfono gratuíto de atención ás persoas consumidoras

O Goberno galego puxo en marcha unha campaña de comprobación para garantir o cumprimento da Lei de Consumidores e usuarios

18/08/21 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica esta fin de semana na Ribeira Sacra o feito a man a través do traballo de 22 obradoiros de artesanía de Galicia

O evento Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra celébrase o próximo sábado 21 de agosto no Santuario da Nosa Señora das Cadeiras de Sober

18/08/21 | 10:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Acluxega impulsan a elaboración dun plan para a promoción da xeotermia en Galicia

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Clúster da Xeotermia Galega co obxectivo de situar a Comunidade como referente a nivel nacional no uso desta tecnoloxía

17/08/21 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A empresa Alén Space consolídase como un referente no New Space ao amparo do programa Ignicia da Xunta de Galicia

A iniciativa, especializada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites, botou a andar no 2019 grazas a esta iniciativa pioneira en España posta en marcha polo Goberno galego e a Fundación Barrié

17/08/21 | 11:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos consumidores sobre a nova tarifa eléctrica en Cervo, Mondoñedo e Viveiro

A primeira charla na Mariña terá lugar mañá na Casa da Cultura de San Cibrao

15/08/21 | 09:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia convoca un novo programa de axudas para incentivar as vendas no comercio a través de campañas de dinamización

O Goberno galego acaba de poñer en marcha a convocatoria do ticket de dinamización comercial que estará aberta ata o próximo 10 de setembro

Os apoios permitirán atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos aos consumidores

13/08/21 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora en Sanxenxo coa empresa téxtil D-Due na posta en valor do produto local e o impulso á comercialización da Artesanía de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a Summer Shop Artesanía de Galicia & D-Due, na que participan 36 obradoiros