Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

25/09/21 | 11:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa clústeres nos eidos da economía circular, a biomasa ou a industria do deporte e o ocio

O Goberno galego destina 260.000 euros para a elaboración do plan estratéxico e posta en marcha de iniciativas prioritarias destes tres proxectos que resultaron beneficiarios da convocatoria para Clústeres emerxentes da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

24/09/21 | 20:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece no evento G-Night o relevante papel do persoal investigador na sociedade

A iniciativa celébrase en Galicia de xeito simultáneo nas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo e en máis de 360 localidades de toda Europa

24/09/21 | 14:36 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso coas pemes do sector forestal a través da aposta pola competitividade e o deseño no seu modelo produtivo

Salienta tamén os traballos coa industria para levar a cabo proxectos no eido da bioeconomía e a transición verde, que poidan optar a financiamento europeo

24/09/21 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A participación de Galicia no Clúster da Eólica Mariña permitirá posicionar o norte de España como referente internacional do sector

Acompañando aos gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria, participan nesta iniciativa o Consorcio Tecnolóxico da Enerxía de Asturias, o Clúster Sea of Innovation de Cantabria e Asime, a través do Galician Offshore Energy Group

23/09/21 | 15:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a ampliación da conserveira Ignacio González Montes de Ribeira, o que reduce á metade o prazo de tramitacion do proxecto

A empresa prevé investir 9,5 millóns de euros e crear 35 postos de traballo, o 90% deles para mulleres da comarca do Barbanza

23/09/21 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que supón o hidróxeno verde para abordar os desafíos da transición dixital e enerxética en Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Ferrol na xornada Hidróxeno verde en Galicia

22/09/21 | 19:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a necesidade de promover o uso da madeira na construción para dar impulso á bioeconomía

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, participou hoxe en Madrid no ‘Congreso Nacional de Arquitectura Avanzada y Construcción 4.0’ enmarcado no Rebuild2021

22/09/21 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno a importancia de que incorpore o proxecto AutoAncora na asignación dos fondos europeos a través do Perte da automoción

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na presentación do Perte en Vigo, onde avogou pola colaboración entre administracións

22/09/21 | 13:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que a colaboración co Inta permitirá consolidar tecido industrial e crear emprego cualificado en torno ao Polo Aeroespacial de Galicia

Conde destaca que, froito desa cooperación, o Polo Aeroespacial de Galicia conta cunha infraestrutura de primeiro nivel que é o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)

22/09/21 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial dos portos para converterse nun motor da transición enerxética

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Vigo na cuarta edición de Green Energy Ports Conference