Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/09/21 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta ratifica que o Plan de restauración de Casalonga contempla un uso forestal do terreo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou esta mañá no Parlamento que a Xunta de Galicia vela polo cumprimento da normativa aplicable e que a empresa conta con todas as autorizacións necesarias para continuar coa actividade mineira

29/09/21 | 11:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta pola dixitalización do tecido empresarial con programas como o cheque dixital, que mantén aberto ata mañá o prazo de solicitudes

A iniciativa, dotada con 4M€ para apoiar autónomos e pemes nos seus procesos dixitais, ten como obxectivo a transformación tecnolóxica e a adaptación á situación xerada pola covid-19

29/09/21 | 10:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Boeing na posta en marcha na Tecnópole da súa primeira aula permanente de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas

 A ‘Aula Newton’, que demostrou o seu éxito en Noruega, Dinamarca e Escocia, instalarase en San Cibrao das Viñas e está dirixida a estudantes de 14 a 16 anos de toda Galicia
 

28/09/21 | 21:35 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que a constitución de Galicia Foro Empresarial amosa que o tecido galego afronta desde a colaboración os retos da economía poscovid

O vicepresidente económico, Francisco Conde, asistiu hoxe á presentación, que se celebrou en Vilagarcía de Arousa

28/09/21 | 10:28 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o proceso de transformación do tecido produtivo pasa necesariamente pola dixitalización e a sustentabilidade

Salienta a aposta que deben facer as pemes polo talento, “a canle e o vehículo condutor impulsor do cambio”

27/09/21 | 17:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os traballadores de Vestas acordan crear unha mesa industrial para identificar posibles solucións que permitan manter o emprego na factoría de Viveiro

O Executivo galego agarda que o Goberno se sume a esta iniciativa a través dos ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica

27/09/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a candidatura de Cafés Candelas aos fondos europeos para ampliar a súa capacidade produtiva e adaptar as súas instalacións en Lugo ás novas tecnoloxías

O proxecto, que prevé un investimento de 10M€ e a creación de 40 empregos, inclúe a creación dunha nova planta no parque empresarial das Gándaras que lle permita incorporar un laboratorio de aromas e un centro de I+D+i, así como un Centro de Excelencia do Café

27/09/21 | 11:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a proposta dos traballadores de Ence que busca unha solución que permita a continuidade da fábrica en Pontevedra

Esta solución xurídica alternativa suporía que as instalacións de Lourizán pasasen a formar parte do solo da Autoridade Portuaria de Marín