Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

22/10/21 | 18:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia da formación para aumentar a competitividade no sector forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu hoxe en Barreiros a unha acción formativa organizada por Lugo Madera e que conta co apoio do Goberno galego

22/10/21 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por sumar a sostibilidade á dixitalización de cara a mellorar a competitividade do sector agroalimentario

Guldrís salienta a aposta do Goberno galego nos orzamentos do próximo ano por implantar a economía circular nas empresas e apoiar unha loxística avanzada e sostible

22/10/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

Galicia supera as 7300 empresas exportadoras no que vai de ano, 1670 máis que en 2020 e 1620 máis que en 2019, antes da pandemia

Durante os oito primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade superan nun 3% o rexistro do 2018, e nun 6,4% o do 2019, os mellores anos ata o de agora

As exportacións galegas rozan os 15.000 millóns de euros entre xaneiro e agosto, o que representa unha mellora de case o 23% con respecto ao mesmo período do ano pasado

A balanza comercial galega arroxa un superávit por sexto mes consecutivo, acadando un total acumulado en 2021 de máis de 2328 millóns

21/10/21 | 22:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide á vicepresidenta Ribera reorientar a transición enerxética cara a unha transición xusta, inclusiva e ordenada que dea seguridade aos preto de 15.000 empregos en perigo en Galicia

No tocante a unha transición xusta, propón que do fondo que lle corresponde á Comunidade neste eido, é dicir 111 millóns de euros, Galicia poida ter un 10% adicional na intensidade das axudas, ao igual que as comunidades autónomas cun nivel de renda per cápita inferior

21/10/21 | 19:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao tecido produtivo a aproveitar as oportunidades que ofrece a innovación no actual contexto de recuperación económica

O Goberno galego está a definir actualmente a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 na que a transición medioambiental e dixital e a orientación ás persoas serán prioritarias

20/10/21 | 15:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con 12,2M€ para que Stellantis Vigo teña unha gama completamente electrificada en 2025

Cun investimento total de 22,3M€, Facendo 4.0 é un proxecto orientado ao desenvolvemento da fábrica do futuro, que inclúe unha ambiciosa estratexia de electrificación de cara ao próximo lustro e prevé a creación de 50 postos de traballo

20/10/21 | 13:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 18,37 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para seguir impulsando a modernización do comercio

Valora as medidas destinadas á reactivación do sector e subliña os 20,3M€ xa destinados ao comercio a través dos tres plans de rescate da Administración autonómica

20/10/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude dos novos apoios destinados a fomentar o autoconsumo e o almacenamento enerxético nas empresas

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, interveu, esta mañá, nun webinario informativo sobre estas axudas, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ás que se destinan 19,8M€

19/10/21 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 27,4 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano para a consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia

O obxectivo do Goberno galego é afianzar a pegada industrial do polo, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado