Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

29/10/21 | 21:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel do Cesga como colaborador no ecosistema de I+D+i e os sectores estratéxicos da economía galega na actual transición dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, onde o Centro de Supercomputación de Galicia resultou premiado na categoría de Iniciativa da Administración polo seu proxecto Quantum Computing

28/10/21 | 11:07 | C. de Economía e Industria
27/10/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o proxecto de I+D+i da empresa de Forcarei ABCR Laboratorios para mellorar a sostenibilide de baterías para automoción cunha achega de máis de 200.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visita as instalacións co CEO da firma, Benigno Janeiro, e coñece a iniciativa, financiada pola Axencia Galega de Innovación no período 2021-2023

27/10/21 | 16:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta na feira de drons máis importante do sur de Europa o Polo Aeroespacial de Galicia

O Polo Aeroespacial de Galicia ten contribuído a mobilizar 164 millóns de euros de investimento público-privado, a empregar a máis de 900 profesionais e a poñer 60 solucións tecnolóxicas e produtos no mercado no período 2015-2020

27/10/21 | 14:20 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a marca Pino de Galicia contribuirá a xerar valor a través da innovación e a preservar os piñeiros galegos como fonte de riqueza para o medio rural

Conde asegura que este selo de garantía vén de certificar o compromiso do sector forestal coa orixe e trazabilidade da madeira; coa sustentabilidade do monte; e coa calidade do produto

27/10/21 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a importancia de incentivar as vendas no comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na presentación da campaña Samaín 2021, organizada pola Asociación Zona Náutico

27/10/21 | 13:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a boa evolución das exportacións galegas tras acadar un "récord histórico" no acumulado dos oito primeiros meses do ano

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita Pinexports, axencia de fabricación internacional que, grazas ao Galicia Exporta Dixital, ten impulsado o comercio electrónico para que actúe baixo demanda para os seus clientes

27/10/21 | 13:31 | C. de Economía e Industria

Conde advirte de que sen prezo eléctrico estable e competitivo non hai solución para Alu Ibérica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou esta mañá, no Parlamento, que se trata dun problema enerxético, e non industrial, xerado pola transición inxusta e desordenada do Goberno

27/10/21 | 11:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta confía na capacidade e potencial de Galicia para posicionarse como rexión referente en xeración renovable

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nunha xornada en Ourense sobre enerxías limpas na que informou de que o Goberno galego vén de ampliar as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética en empresas ata os 31 M€

26/10/21 | 13:47 | C. de Economía e Industria

Galicia impulsa un programa específico por 12M€ para axudar a 15000 pemes e microempresas a investir en innovación

O foco dos apoios estará posto nas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, así como nas situadas en núcleos non urbanos