Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

04/11/21 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A iniciativa ‘Camiño da innovación’ da Xunta de Galicia arrinca mañá en Vilalba para achegar as oportunidades de innovar ás pemes da Terra Chá

Trátase da primeira parada das 18 que fará o tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro

04/11/21 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará 2,4M€ a instalacións xeotérmicas dentro da liña de apoios para proxectos renovables de uso térmico

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela nunha xornada centrada na rehabilitación enerxética e as novas instalacións renovables co foco na xeotermia

03/11/21 | 13:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Lugo a construción con madeira para facer fronte ao reto global contra o cambio climático

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Lugo nun taller sobre o proxecto transnacional Eguralt para a promoción de materiais naturais procedentes de fontes sostibles e renovables

03/11/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A sustentabilidade e a circularidade triunfan no I Certame de Materiais Innovadores de Galicia organizado pola Xunta

Un tecido de la e fibra de proteína láctea, un recubrimento condutor para calefactar superficies, un aceite vexetal con propiedades beneficiosas e un biopavimento alternativo ao asfalto convencional foron os catro materiais seleccionados no certame que hoxe se clausurou en Ferrol no CIS Tecnoloxía e Deseño

03/11/21 | 12:12 | C. de Economía e Industria

Os orzamentos da Xunta para 2022 recollerán un programa de axudas pioneiro para que as pemes poidan mellorar a eficiencia na loxística

Conde asegura Galicia Logistics “reivindica o papel que, desde Galicia, pode ter a loxística, non só para o comercialización dos nosos produtos, senón tamén para atraer novos investimentos”

02/11/21 | 13:15 | C. de Economía e Industria

'Camiño da Innovación' achega as oportunidades de innovar a pemes de toda a xeografía galega

Un tráiler percorrerá as catro provincias galegas facendo 18 paradas ao longo dos meses de novembro e decembro

02/11/21 | 13:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a capacidade de innovación de 15 pemes e microempresas situadas na comarca de Vigo

A través da liña de axudas InnovaPeme 2021, o Goberno galego concedeu apoio para mellorar a capacidade innovadora de 36 compañías de toda Galicia

02/11/21 | 11:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2600M€ nos orzamentos de 2022 para potenciar a dixitalización e a sustentabilidade como binomio clave para a recuperación económica

Acelerar a dixitalización das pemes; promover un modelo enerxético sostible; potenciar a innovación e o talento; impulsar a economía circular; e fomentar a internacionalización son algúns dos eixos prioritarios nas contas galegas de 2022

01/11/21 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con 36 pemes e microempresas galegas para que mobilicen 5,6M€ na mellora das súas capacidades de innovación

O programa InnovaPeme 2021 concede axudas ás compañías para a realización de actividades de innovación coordinadas a través dun plan de actuacións

30/10/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta dará a coñecer a próxima semana en Ferrol os materiais máis innovadores creados en Galicia

A Axencia Galega de Innovación celebrará o acto de peche do Certame de Materiais Innovadores de Galicia o vindeiro mércores 3 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño, coincidindo co Día Mundial dos Materiais