Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

29/03/22 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ultima co Ministerio de Cultura o proxecto da nova biblioteca do Estado en Vigo, que se axustará ao proposto polo Goberno autonómico

Celebra que o Ministerio acepte o programa de necesidades enviado en 2020, que establece que terá un tamaño de 8.000 m2 para cumprir coas necesidades da cidade

29/03/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O polo de aceleración do sector dos videoxogos bota a andar ao abeiro do hub audiovisual da Xunta

Ábrese o proceso de selección da entidade colaboradora na xestión deste programa, que conta cun investimento de 360.000 euros para impulsar novas empresas e profesionais emprendedores

29/03/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destinou 53.000 euros a renovar instalacións do CEIP península da Paz de Cervo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos consistiron na substitución de ventás e a mellora do peche de patio

28/03/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Almanaque Agrícola ZZ celebra o seu 70 aniversario co apoio da Xunta

Trátase da primeira publicación comercial en lingua galega e leva divulgándose de forma ininterrompida desde 1952

28/03/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A produtora Control Z ultima os preparativos para a rodaxe en Galicia de ‘Honeymoon’ co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co realizador galego Enrique Otero para coñecer os detalles da produción desta longametraxe, adxudicataria dunha subvención autonómica de máis de 230.000 euros

28/03/22 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon a disposición dos centros recursos e materiais didácticos para favorecer a adaptación e integración do alumnado ucraíno

Co fin de facilitar a comunicación, a Consellería de Educación vén de habilitar un espazo web sobre Ucraína cunha guía básica de conversa galego-castelán-ucraíno e con pictogramas, así como outra de expresións máis habituais, entre outros

28/03/22 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reivindica a Laxeiro na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cunha mostra que chegará a París, Madrid, Santiago e Lalín

‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’ afonda na obra do pintor galego máis relevante do século XX durante a súa etapa na Arxentina

27/03/22 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta culmina na igrexa de San Pedro de Lugo unha das maiores actuacións de restauración feitas nun Ben de Interese Cultural

Os traballos impulsados polo Goberno galego contaron cun investimento superior ao millón de euros para resolver os danos provocados polo paso do tempo e mellorar a conservación dun dos exemplos máis singulares do patrimonio lucense

27/03/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra co sector o Día Mundial do Teatro e o lanzamento da nova Bolsa de dramaturxia e creación

Arranca a convocatoria da segunda edición coa fase de dramaturxia, cun orzamento que aumenta un 50%, ata os 6.000 euros

27/03/22 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorporará o próximo curso 75 novos centros a E-Dixgal, o maior programa de educación dixital

Xa son case 550 os centros participantes nesta iniciativa, que permite ao alumnado galego estudar con libro dixital seis cursos consecutivos