Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

03/04/22 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora á Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana, 700 novas publicacións

Proceden de orixinais conservados na Cidade da Cultura de Galicia e na Biblioteca da Coruña Miguel González Garcés e están xa dispoñibles para a súa consulta de balde

03/04/22 | 11:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por máis de 1,4 M€ o equipamento do Centro Galego da Innovación da Formación Profesional

Será o piar fundamental da rede de centros de excelencia a través da que se desenvolverá a Estratexia FP Galicia 2030

02/04/22 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforzará os servizos e a atención de proximidade das bibliotecas públicas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presidiu o Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, onde se aprobaron os estándares do novo mapa de bibliotecas, a ferramenta a disposición dos concellos para diagnosticar necesidades

02/04/22 | 11:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior

Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e o bo aproveitamento académico do alumnado que cursa estes estudos

01/04/22 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima a protexer e divulgar en Galicia e fóra dela o legado de Laxeiro no Día das Artes Galegas

A mostra organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) co apoio do Goberno autonómico inaugúrase na Coruña e visitará Ourense, Lugo e Lalín

01/04/22 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 30ª edición do Rally Matemático e Científico ‘Sen Fronteiras 2022’

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega de premios da final galega deste certame científico escolar

01/04/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta os excelentes resultados do programa 'Radio na biblio' tras case un lustro impulsando as destrezas do alumnado coa información

Pon de manifesto o papel estratéxico desta ferramenta pedagóxica desde a súa posta en marcha e que neste curso está presente en preto de 140 centros escolares

01/04/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura nas Torres Hejduk a intervención paisaxística ‘2 torres, 2 camiños’ arredor da espiritualidade e o simbolismo da Ruta Xacobea

O proxecto artístico entretece metaforicamente os diferentes camiños coas vidas das persoas que desde fai milenios andan os mesmos pasos cara a Santiago de Compostela, coas estrelas da Vía Láctea como guía

01/04/22 | 11:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
31/03/22 | 19:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Pontevedra acolle a apertura das VI xornadas de industrias musicais organizadas pola Fundación Paidea e a Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou nesta primeira sesión do ciclo A volta IN-perfecta, na que se abordou o proceso de creación dunha canción na actualidade