Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

05/04/22 | 17:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia reforzará os contidos humanistas nos currículos educativos coa incorporación da historia anterior a 1812 en bacharelato

Román Rodríguez destaca a importancia de formar “cidadáns libres, críticos e analistas” fronte á cultura do “tanto dá e do facilismo” que promove o Goberno do Estado

05/04/22 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
05/04/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece o domingo un concerto do guitarrista Samuel Diz no marco do XXI Ciclo de concertos 'Música para unha época'

Forma parte do programa de actividades deseñado polo Museo con música, formación, conferencias e visitas guiadas, entre outras alternativas

05/04/22 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia o proceso de diálogo cos colectivos sociais para a futura Lei autonómica que promoverá a inclusión e accesibilidade da cultura en Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, dá comezo á rolda de contactos con distintas entidades para abordar xuntos o anteproxecto desta lei pioneira

05/04/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Primavera Endanza’ celebra o seu 20 aniversario en Carballo co apoio da Xunta a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación desta nova edición, que se desenvolverá no Pazo da Cultura do 22 de abril ao 8 de maio

04/04/22 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Política Lingüística participa nas II xornadas ‘A lingua galega e a filosofía’

O representante da Xunta de Galicia sinalou como principal reto da lingua o seu uso por parte da mocidade e a súa integración nas novas tecnoloxías

04/04/22 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa asociación audiovisual CREA no ciclo ‘Conecta Lab’ de encontros en liña con profesionais do sector

Este programa foi un dos principais puntos abordados na reunión que o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantivo cos representantes da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización

04/04/22 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación ”La Caixa” inauguran este xoves no Gaiás ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño’ con obras de Man Ray, Chirico, Dalí ou Le Corbusier

A mostra explora a relación entre surrealismo e deseño ao longo dos últimos 100 anos a través dunha escolma de obras procedentes na súa maioría dos fondos do Vitra Design Museum, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño

04/04/22 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis dun milleiro de alumnos galegos participarán ata xuño en Celanova nunha nova edición do ciclo de concertos didácticos de órgano co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á celebración dun dos recitais coa participación de estudantes do Colexio La Salle de Santiago de Compostela

04/04/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a rehabilitación do colexio Frei Luís de Granada como un compromiso cumprido da Xunta coa comunidade educativa de Sarria

Investíronse máis de 1,6M€ para mellorar a eficiencia enerxética do CEIP e reforzar a súa estrutura