Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

07/04/22 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación ”La Caixa” exhiben no Museo Gaiás unha escolma da arte surrealista máis destacada dos últimos 100 anos e icónicas pezas de deseño do Vitra Design Museum alemán

Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 inclúe 280 obras de pintura, escultura, obxectos ou fotografías, asinadas por Man Ray, Dalí, Gaudí, Le Corbusier, De Chirico, Ray Eames ou Frederick Kiesler, entre outros

07/04/22 | 17:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra no CEIP Plurilingüe de Outes unha nova sesión de contacontos sobre galegas referentes

A actividade enmárcase no programa Donas de Si co que a Xunta promove o liderado feminino e a loita contra os estereotipos de xénero nos centros escolares

07/04/22 | 15:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central unha maior flexibilidade para non poñer en risco a execución dos fondos europeos destinados ao patrimonio cultural

Lamenta que, tras meses de negociación para encaixar os proxectos, haxa atrancos con criterios “ríxidos e dirixistas que coartan os plans das comunidades autónomas”

07/04/22 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licitará nos vindeiros días a renovación da cuberta da igrexa de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos

O delegado territorial, Javier Arias, informou que o Goberno galego tamén reiniciou o trámite administrativo para a restauración de diversos retablos na igrexa do colexio do Cardeal, cun orzamento de 84.500 euros

07/04/22 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a primeira edición do novo fondo de proxectos culturais ‘Tece redes en galego’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta nova iniciativa, dotada con 500.000€ ,que amplía as iniciativas dos últimos anos

06/04/22 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director de Industrias Culturais da Xunta subliña a aposta pioneira do Carballo Interplay polos contidos dixitais

Jacobo Sutil participou hoxe na apertura da novena edición do festival, que congrega ata o 9 de abril algunhas das máis destacadas voces do panorama dixital e audiovisual español

06/04/22 | 19:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia en Lalín a itinerancia da mostra conmemorativa do ano Laxeiro para homenaxear a un dos maiores xenios da arte galega na súa vila natal

‘Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)’, que pode visitarse ata o 5 de xuño, poderá verse despois en Madrid, Santiago de Compostela e París

06/04/22 | 17:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha publicación sobre atención educativa na contorna pediátrica chega ás aulas hospitalarias

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación deste libro da pedagoga e profesora de aula hospitalaria María Elena Sobrino

06/04/22 | 15:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as compañías galegas a presentar os seus espectáculos para Galicia Escena PRO 2022

O mercado galego de artes escénicas reunirá os profesionais do sector en distintos espazos de Santiago de Compostela do 6 ao 9 de xuño

06/04/22 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez confirma a incorporación da materia de Filosofía ao currículo de ESO para o vindeiro curso

Denuncia que a publicación da parte estatal dos textos constata a devaluación da cultura do esforzo e racha coa igualdade de oportunidades e co papel da educación como ascensor social