Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

09/04/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará o vindeiro curso un novo ciclo de FP básica dual de cociña e restauración en Sanxenxo para favorecer a empregabilidade da mocidade

A parte teórica impartirase no instituto de Vilalonga, mentres que o Concello adaptará espazos do antigo colexio O Cruceiro para situar neles os talleres

08/04/22 | 18:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que as homenaxes a Laxeiro deste ano estean a converterse nun xusto recoñecemento ao legado do autor

Agradece a implicación das entidades e institucións que participan na programación conmemorativa a través de exposicións, propostas académicas e didácticas

08/04/22 | 15:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aumenta nun 47% o apoio ás familias para o acceso a libros de texto e material escolar o vindeiro curso

Feijóo avanza que se pasará dos 17,4 M€ deste curso aos 25,6 M€ no 22/23

08/04/22 | 15:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sete colexios e 500 alumnos da área de Vigo coñecen o patrimonio do Camiño co programa “Vexo Veo Xacobeo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e o director do CEIP Escultor Acuña, Juan Antonio Graña, acompañaron hoxe ao alumnado de etapa infantil na iniciativa educativa do colexio vigués

08/04/22 | 14:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
08/04/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fundación Paideia e Xunta abren a nova convocatoria do certame Sonidos Mans para bandas emerxentes

É unha das accións inseridas na colaboración que manteñen ambas as entidades a prol dunha maior proxección e profesionalización da música emerxente

08/04/22 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta polo diálogo e a análise rigorosa das dinámicas de futuro para artellar unha zonificación escolar en Vigo con vocación de continuidade

Jesús A. Bértolo explicou que a evolución demográfica, as distribución poboacional, os desenvolvementos urbanísticos e a implantación das novas modalidades de Bacharelato son elementos a ter en conta nesta planificación de futuro, polo que non se pode establecer un calendario concreto e pechado

08/04/22 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amosa os avances da última intervención no xacemento da Ciadella cunha visita guiada

O percorrido para coñecer os traballos de posta en valor das estruturas será mañá sábado ás 12,00 horas e para asistir cómpre reservar no teléfono 981 787 508

08/04/22 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsou máis de 1.000 actividades de dinamización lingüística por toda Galicia en 2021

O responsable de Política Lingüística, Valentín García, dá conta no Parlamento das actividades do seu departamento o pasado ano, así como dos plans para 2022

07/04/22 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez pon aos alumnos do Máster de FP Panadaría e Bolaría do CIFP Paseo das Pontes como exemplo de calidade da FP galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou no acto de fin curso, onde os rapaces amosaron as súas destrezas a través de distintas elaboracións