Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

02/05/22 | 11:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita á comunidade educativa polo exemplo de acollida e integración dos máis de 500 nenos ucraínos escolarizados en Galicia

Lembra que, desde o primeiro momento, o Goberno da Xunta artellou un sistema de escolarización inmediata destes rapaces, aos que se lles outorgou servizos de transporte e comedor, material escolar e tecnolóxico gratuíto

01/05/22 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece aos libreiros o seu labor por promover os hábitos lectores entre os galegos

Salienta que Galicia é a comunidade con máis librarías por habitante e refírese á capacidade do circuíto de feiras do libro como escaparate do sector editorial

01/05/22 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
01/05/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aborda os contidos dixitais e novos media en Galicia a través da visión de cinco empresas do sector

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o do congreso Mundos Digitales, Manuel Meijide, abriron unha xornada de posta en común no marco do programa formativo Galicia ProFilme

30/04/22 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta espallará os Concertos do Xacobeo por toda Galicia con 300 artistas de primeiro nivel para celebrar un Ano Santo extraordinario

A programación de “Concertos do Xacobeo” inclúe 70 eventos musicais nas catro provincias galegas durante sete meses, con actuacións de diferentes estilos que percorrerán vilas e cidades nun espectáculo descentralizado que chegará a todos os recunchos de Galicia
 
Actuarán artistas como Rosalía, Luis Fonsi, Marc Anthony, C. Tangana, Imagine Dragons, Muse, Hombres G, Bunbury, Rozalén ou Placebo, así como figuras do panorama nacional como Beret, M-Clan, Taburete, Los Secretos, Coque Malla, Víctor Manuel ou Miguel Ríos, e o mellor da música galega, con nomes como Iván Ferreiro, Xoel López, Tanxugueiras ou Roi Casal
 
Figuras recoñecidas de proxección nacional e internacional participarán tamén da man do Xacobeo en festivais como Atlantic Fest, Resurrection Fest, O Son do Camiño, Portamérica ou o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, entre outros

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, que presentou a programación acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, subliñou que o evento musical será “a memoria colectiva que deixará pegada entre todos os que participen nun Xacobeo histórico”
30/04/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor felicita ao colexio Franciscanas polos seus 25 anos ao servizo dos coruñeses

O delegado da Xunta na Coruña participou esta mañá nos actos de celebración do aniversario deste centro educativo da cidade da Coruña

30/04/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a transformación dixital abre oportunidades para avanzar na integración e na igualdade no sistema educativo

Ao abeiro da Estratexia Educación Dixital 2030, dotada con 120M€, a Xunta ten en marcha un conxunto de iniciativas dirixidas a mellorar as competencias dixitais entre os estudantes de todas as etapas

30/04/22 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Convocado o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

O Diario Oficial de Galicia publica as bases do galardón outorgado polo Centro Galego de Arte Contemporánea, cunha dotación de 3000 euros

29/04/22 | 17:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega 210.000 euros en axudas para a organización de 11 festivais audiovisuais

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, anunciou a adxudicación desta convocatoria na presentación do XVIII Play-Doc de Tui, que é un dos certames beneficiarios, con máis de 38.000 euros

29/04/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xesús Fraga, María Canosa, Alba Cid e Laura Romero levan a literatura e a ilustración galega á Feira do libro de Bos Aires

A Xunta organiza distintas accións que, ademais de promover as letras no exterior, as divulgan entre os lectores máis novos en centros educativos