Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

03/05/22 | 17:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias felicita ao alumnado do IES A Guía polo Campionato de España de Business Talent

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou o talento, a creatividade, a ilusión, o esforzo e a motivación entre o alumnado do sistema educativo galego

03/05/22 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Autonómico de Formación e Innovación difunde no profesorado a figura de Florencio Delgado Gurriarán

O secretario de Política Lingüística, Valentín García, participa na Xornada do Día das Letras Galegas sobre o autor homenaxeado este 17 de maio

03/05/22 | 16:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta crea o programa ‘Territorio cultura’ para reforzar con 630.000 euros a oferta cultural das zonas rurais

Materialízase a través da convocatoria de subvencións publicada hoxe no DOG para ampliar e diversificar o tecido cultural en concellos de ata 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 habitantes por km2

03/05/22 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Roman Rodríguez salienta a singularidade do Festival de Cans como valor de marca para o audiovisual galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións intervén na presentación da 19ª edición do evento do Porriño, que se celebra do 17 ao 21 de maio e coa que se sitúa entre os 11 certames audiovisuais subvencionados este ano pola Xunta a través dunha convocatoria dotada con 210.000 euros

03/05/22 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese á rehabilitación integral do colexio CEIP Virxe do Corpiño como exemplo do compromiso educativo da Xunta con Begonte

Investiuse máis de medio millón de euros para renovar por completo varias estancias baixo criterios de eficiencia enerxética e accesibilidade adaptando os servizos educativos ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

03/05/22 | 10:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colaborará con seis entidades empresariais para impulsar a acreditación de competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral

O obxectivo é que as persoas traballadoras poidan obter un recoñecemento das habilidades que xa posúen e que se interesen en completalas a través da FP

02/05/22 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora na segunda edición do festival cultural ‘O que non se escribe’

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de presentación das accións propostas sobre o patrimonio sonoro e a creación contemporánea

02/05/22 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 150.000 euros no funcionamento das salas Gurugú e Teatro del Andamio na Coruña e Ártika e Ensalle en Vigo

Estes catro espazos de titularidade privada repiten como beneficiarios da convocatoria de subvencións para contribuír ao desenvolvemento dunha programación profesional de artes escénicas

02/05/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta propón o inicio do vindeiro curso escolar o 8 de setembro en todas as etapas

A unificación da data de comezo das clases no calendario escolar facilita a conciliación da vida laboral e familiar