Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

05/05/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca para maio e xuño as primeiras probas Celga do ano con máis de 2000 matriculados

O IES Antonio Fraguas e a EGAP de Santiago e mais a EOI de Ponferrada acollerán estas probas os días 28 e 29 de maio e 4, 5 e 11 de xuño

05/05/22 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta enfía o legado de María Casares coa vangarda da escena galega no arranque no festival ‘Escenas do cambio’ no Gaiás

O festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura inaugura unha exposición sobre María Casares e recrea, cunha gravación inédita, un recital da actriz galega e o guitarrista flamenco Pedro Soler de 1989

04/05/22 | 20:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o perfil internacional do Festival Play-Doc e o seu apoio ao audiovisual galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións participa en Tui na inauguración do evento, que desenvolverá a súa 18ª edición ata o 8 de maio

04/05/22 | 19:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Galaxia inauguran a exposición ao redor das Letras Galegas ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’

O secretario xeral de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística participan na apertura da mostra enmarcada na programación da efeméride

04/05/22 | 17:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese á innovación como o factor diferencial para garantir a calidade da educación

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións inaugura o V Encontro de Experiencias EducaTIC 2022 en Arteixo

04/05/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Nove colexios e 350 alumnos da provincia de Ourense coñecen o patrimonio do camiño co programa ‘Vexo veo Xacobeo’

O delegado territorial explicou que un dos principais obxectivos deste programa é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel acti-vo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da socie-dade actual e do futuro

04/05/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica 1,2 M€ en axudas para modernizar 46 teatros, auditorios e salas de toda Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica na súa web a concesión da primeira convocatoria do programa para a mellora das infraestruturas de artes escénicas e musicais, da que se benefician 26 entidades privadas e 20 públicas

04/05/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a industria de enerxías renovables impulsan a colaboración en proxectos de innovación na FP

O obxectivo é desenvolver másteres de FP para a atender a demanda de profesionais en sectores emerxentes como o big data, a intelixencia artificial ou a robótica entre outros

04/05/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director xeral de Centros sinala a I Mostra de Educación de Mos como unha oportunidade para coñecer a ampla oferta educativa galega

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade percorre os expositores desta feira, que se desenvolve ata o vindeiro xoves

04/05/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a celebración da Gala do libro galego 2022

O representante do Goberno galego pon en valor o impulso que se está a dar ao sector do libro tanto a través das feiras autonómicas como en citas internacionais