Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/05/22 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que os museos da Xunta recuperan o nivel de visitantes anterior á pandemia, unha mostra máis da reactivación do sector cultural

De xaneiro a abril achegáronse a algún dos centros museísticos de xestión autonómica case 103.000 persoas, un 15% máis ca no mesmo período de 2021 e o mesmo dato que o rexistrado en 2019, último ano previo á crise sanitaria

18/05/22 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O proxecto ‘Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’ entra na súa segunda fase coa implementación dos primeiros prototipos

Inxéctanse 600.000 euros máis para levar a cabo seis das oito iniciativas previstas, centradas na síntese de voz, recoñecemento da fala, xeración automática de textos, sistemas de diálogo, tradución automática ou corrección e avaliación lingüística

16/05/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a serie ‘Rapa’ é unha mostra do gran potencial de Galicia como escenario de rodaxes

A nova produción de Portocabo e Movistar+ está subvencionada pola Xunta con 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes do Hub Audiovisual

16/05/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Avanza a rodaxe en Ourense da película ’13 exorcismos’ co apoio da Xunta a través do seu hub audiovisual

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou hoxe o set de filmación instalado no colexio CEIP de Prácticas da cidade das Burgas

16/05/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria

15/05/22 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Continente María’, coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Concello da Coruña sobre María Casares, estréase mañá no Teatro Rosalía Castro

No marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o escenario coruñés acolle a función inaugural da obra que sobe ás táboas con A Quinta do Cuadrante e dentro da programación impulsada pola Xunta co gallo do centenario da actriz

15/05/22 | 10:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Visitas guiadas, obradoiros e música enchen os museos da Xunta co gallo do seu día internacional

Todos os centros ofrecen programacións especiais dirixidas tanto ao público escolar e familiar como ao conxunto da cidadanía, que se poden consultar nas respectivas webs e redes sociais

14/05/22 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dá a coñecer os 40 creadores emerxentes seleccionados para participar en agosto no Gaiás no ‘XII Encontro de Artistas Novos’

Presentarán o seu proxecto creativo durante unha residencia artística na Cidade da Cultura, optando ademais a realizar unha intervención nas Torres Hejduk

14/05/22 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IV Concurso de Podcasts 'Radio na biblio' premia o traballo de centros de Cedeira, Malpica, A Guarda, Vigo e A Coruña polo Día das Letras Galegas

O certame, impulsado pola Xunta, dedícase cada ano á persoa homenaxeada con motivo Día das Letras Galegas, neste caso a Florencio Delgado Gurriarán

13/05/22 | 19:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplicou no último lustro o número de obras e editoras beneficiarias das axudas á tradución

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fai balance no Parlamento dos apoios ao libro este ano supón unha inxección de máis de 2M€