Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

22/05/22 | 11:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura volve celebrar na súa contorna a festiva e colorida carreira ‘Holi Gaiás’ o 4 de xuño

Xa están á venda os mil dorsais para participar nesta cita deportiva de carácter lúdico en Ataquilla.com e no Museo Centro Gaiás

21/05/22 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a USC organizan unha xornada aberta ao público para implicar á cidadanía no ‘Proxecto nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia acolle o luns un encontro no que se darán a coñecer os detalles desta iniciativa na que se está a traballar para acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico

21/05/22 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o XXIII Premio Elías Valiña, que incrementa este ano a súa contía para reforzar o recoñecemento das entidades do Camiño de Santiago

O galardón, que pasa a estar dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea

21/05/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita ao Servizo de Inspección Educativa polo seu labor para planificar o vindeiro curso fronte aos retrasos do Goberno do Estado

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades reúnese co corpo de inspectores, aos que agradece o traballo realizado no desenvolvemento da fase galega dos currículos, nestes momentos en trámites administrativos

20/05/22 | 19:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega a Vigo a beleza e a historia do Camiño Portugués a través dunha exposición con imaxes de 42 fotógrafos do último século e medio

Tras congregar máis de de 21.000 visitantes na Cidade da Cultura de Galicia, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 de setembro dentro do programa de itinerancias

20/05/22 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo aborda os cambios no protocolo implementados polo Goberno do Estado para trasladar aos centros escolares

Desde a prudencia, as medidas avanzan nunha progresiva normalización da situación tras dous anos de pandemia, pero mantendo a ventilación e limpeza axeitadas

20/05/22 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia estrean dúas pezas audiovisuais sobre María Casares en conmemoración do centenario da actriz

O director de Industrias Culturais interveu na presentación de ‘María Casares: Voces para un centenario’, iniciativa desenvolvida pola AAAG ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

20/05/22 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura acolle 10 orixinais olladas contemporáneas sobre o camiño na última parada da mostra ‘Percorrer o tempo’

Seis contedores de barco convertidos en salas de proxección de fotografía e vídeo conforman a exposición, que poderá verse no Gaiás ata o 20 de xullo de 2022

20/05/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á proxección das curtas gañadoras dos premios audiovisuais ‘REC.curta 2022’, apoiados pola Xunta