Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/05/22 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Conservatorio de Danza de Lugo, que ronda os 200 matriculados, acolle probas de acceso para o vindeiro curso

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salienta que “grazas ao traballo que fai día a día é un dos centros de referencia a nivel autonómico no eido da formación artística”

24/05/22 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A programación da Xunta no centenario de Luz Pozo Garza suma máis dunha decena de actividades expositivas, musicais e editoriais ata finais de ano

O eixo central será a mostra ‘Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022)’ que se inaugura o 9 de xuño con pezas persoais da autora, ao redor da que se farán unhas xornadas académicas e se editará un catálogo que documente o resultado

24/05/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez visita o equipo da longametraxe ‘Honeymoon’ na recta final da súa rodaxe en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades comproba o avance da filmación da nova película de Enrique Otero, subvencionada pola Xunta con máis de 230.000 euros a través da convocatoria para produción e coprodución audiovisual

24/05/22 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra as primeiras olimpíadas de FP básica para impulsar o prestixio destas ensinanzas

O secretario xeral de educación e FP asiste en Ferrol á primeira das nove competicións, que contan coa participación de 111 alumnos

23/05/22 | 19:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A editorial Mundiediciones presenta a edición en galego de ‘Crónica dun peregrino singular’ co apoio da Xunta

A obra foi editada no marco do Xacobeo 21-22 e coa colaboración da Academia Xacobea

23/05/22 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia os concertos multitudinarios do Xacobeo coa presentación do 'Portamérica' na azucreira de Portas

O delegado territorial, Luis López, a comisaria do Plan Xacobeo, Cecilia Pereira, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participaron hoxe na posta de longo do festival, que terá lugar do 2 ao 4 de xuño

23/05/22 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O experto mundial Christopher Dostal pon en marcha no Museo do Mar de Galicia a restauración dos canóns de bronce procedentes de naufraxios nas costas galegas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, coñeceu de man do restaurador o proceso, no que se aplica a tecnoloxía de redución electrolítica para eliminar a corrosión producida polo mar de xeito rápido, eficaz e perdurable

23/05/22 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a súa colaboración co Museo da Construción Naval de Ferrol con 75.000 € para contribuír á súa conservación, promoción e difusión

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitaron as instalacións do centro

23/05/22 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reclama que o Goberno central incremente os fondos europeos destinados ao galego

Advirte que só prevé dedicar a linguas cooficiais 30 millóns de euros dos 1.100 existentes no PERTE lingüístico, algo que resulta “insuficiente”

22/05/22 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia con preto de 2,3 M€ os contratos de 22 científicos posdoutorais para abrir liñas de investigación propia en Galicia

Esta convocatoria, que vén de resolver o Goberno galego, enmárcase na aposta por favorecer a carreira científica e o desenvolvemento dun sistema galego de investigación forte e especializado